O editor de moodle aparece en moitos lugares onde se pode engadir texto para darlle formato ao que se escribe. Tamén é posible engadir código HTML, imaxes ou arquivos de audio e vídeo.
Os botóns dispoñibles no editor de moodle son configurables polo administrador de cada aula virtual, polo que é posible que haxa opcións distintas en aulas virtuais distintas. Da mesma forma, o administrador pode habilitar que existan varios editores de moodle para que cada usuario escolla o que mellor lle conveña.
Ás veces pode ser necesario escoller outro editor de moodle, que poida ter opcións dispoñibles distintas, ou porque sexa o que se use por costume. Para poder escoller entre varios editores, estes teñen que estar habilitados polo administrador para toda a aula virtual.