Cada usuario pode escoller o editor de moodle que vai usar nos seus cursos. Para iso, hai que ir á opcións “Preferencias” do perfil:

E despois a “Preferencias do editor”:


Neste caso a opción escollida é o “Editor HTML TinyMCE”. Se hai máis opcións habilitadas polo administrador, pódese escoller entre as opcións dispoñibles:

No exemplo hai dous editores dispoñibles:
- Editor HTML TinyMCE.
- Editor HTML Atto.
A opción do “Editor predeterminado” será o editor que o administrador definise para toda a aula virtual. Na opción de “Área de texto simple”, non aparecerá ningunha opción para dar formato de texto.
Os botóns que aparezan en cada editor tamén é configurable polo administrador:
- Aquí pode verse un exemplo do Editor HTML TinyMCE:

- Un exemplo de Editor HTML Atto:

Pode verse como non existen botóns de gravación de audio/vídeo, pero hai opcións de engadir recursos de H5P, ou un editor de ecuacións.
Se o administrador modifica as opcións do editor, este pode conter tamén os botóns de gravación de audio/vídeo:
