Curso: 26/27 HISTORIA DA ARTE 2º BACH | AV IES MENDIÑO

  • 1

    Neste tema introdutorio achegarémosnos aos seguintes aspectos:

    1. O papel do artista e o papel da clientela.

    2. As técnicas artísticas.

    3. O patrimonio artístico.


  • 2
    • Primeiro tema, terceira presentación. O que traballamos na aula.

    • Como ben sabemos, hai xente "pa to"! Hai a quen lle gusta máis o visual (as presentacións) e hai quen prefire uns apuntamentos máis tradicionais (texto, texto e texto). Pois para este primeiro tema do curso traemos as dúas perspectivas: "para gustos, cores".

      Mirade os dous documentos, a ver cal vos aclara máis o tema (e lembrade, sodes vós que facedes o voso material de estudo).

    • Só tes 2 minutos? Pois aquí tes unha "somera" presentación das principais características e obras da escultura da Grecia clásica, desde a época arcaica até a helenística.

    • Un profesor, unha presentación, e unha explicación ampla, clara e ben adaptada para o nivel de 2º BAC.

    • Non todo é o tempo que ocupa un vídeo. Belén Morillo achéganos dun xeito moi claro o esencial da escultura grega. Un vídeo moi ben montado e entretido. Nin 2 nin 30 minutos. Descobre outro xeito de contar o mesmo tema: a escultura da Grecia clásica.

  • 3
    • Se reledes os contidos do curso, publicados pola CIUG, veredes que para este segundo tema, a Arte Romana, indícase que prestemos atención unicamente a 5 obras, todas elas ARQUITECTONICAS. Aquí están:

      • Panteón de Agripa.
      • Coliseo o Anfiteatro Flavio.
      • Acueduto de Segovia.
      • Arco de Tito.
      • Teatro de Mérida.

      Neste novo vídeo, Belén Montilla presenta as características xerais da arte romana (e da etrusca). Con todo, se non queredes velo enteiro, centrádevos en 2 apartados, onde fai un pequeno resumo do contexto histórico e as características xerais da arquitectura romana:

      • Breve contexto histórico (06:28 - 09:15).
      • Arquitectura romana (09:15 - 19:00)