Section outline

    • No IES, dentro das accións pola convivencia pacífica preténdese educar na cultura da paz, polo que a educación desde 1º da ESO ata os maiores de ciclos é un eido fundamental.

      A violencia de xénero tén unha das súas causas na educación con sesgo machista que nos temos inculcada a través de condutas sociais, familiares e case universais.

      Tanto nas relacións persoais como a través das redes estase a desenvolver casos de utilización violenta das condutas afectivo-sexuais e sociais.

      A introdución ás relacións a través da pornografía ( infantil e adulta)é unha terrorífica realidade dificil de controlar e que debe ser atallada de raíz, tanto con políticas xudiciais coma con políticas de educación escolar e sobre todo familiar .

      Poñemos ao alcance do alumnado un grao de area na visibilización desta terrible violencia intentando poñer no instituto unha campaña para manifestar o desacordo e informar sobre a precaución, prevención e opcións de axuda para loitar con esta "lacra" que cobra tantas vitimas e afecta a tantas outras.