Section outline

  • Nesta sección repasamos as destrezas ou competencias que practicamos na materia de Filosofía, porque a esencia do coñecemento filosófico é o intercambio, o diálogo, o debate clarificador. Plantexar preguntas axeitadas, empregar os termos con precisión, dar respostas completas e estruturadas, argumentar, describir, explicar, recoñecer os razoamentos correctamente elaborados e os contraditorios ou falaces... Todo iso concrétase na práctica da Disertación e do Comentario de texto. Cal é a diferenza entre Disertación e Comentario? Cando expresamos o noso pensamento, disertamos; cando analizamos o pensamento doutra persoa, comentamos. A linguaxe é o vehículo da Filosofía e, como calquera vehículo, require da práctica constante e debe aterse a unhas normas de circulación. Redactar correctamente permítenos expresar xusto o que queremos dicir e clarifica o que pensamos.