Galería do IES Frei Martín Sarmiento

Galería de imaxes


Inicio Entrar
Álbums Últimas subidas Últimos comentarios O máis visto O mellor puntuado Os meus favoritos Buscar
Categoría Álbums Ficheiros
Curso 2025/26Todas as imanes e albumes correspondentes ao curso 2025/26
14 96
Fundación Manuel Moldes


WhatsApp_Image_2026-02-06_at_12_14_51.jpeg

O alumnado da materia Debuxo Artístico I acudiu á Fundación Manuel Moldes a visitar a exposición Bicos de cine.

Alí puideron gozar da visita guiada polo seu comisario, o historiador e crítico Ramón Rozas, que axudou a entender e desfrutar moito máis a fondo a interesantísima obra deste artista tan vencellado á cidade de Pontevedra.

Queremos agradecer a May Díaz, Manuel Moldes e a Ramón Rozas a súa xenerosidade acompañándonos na visita.

10 ficheiros, último engadido a marzo 10, 2026
Álbum visto 3 veces

Eduindustria


PHOTO-2026-02-20-12-48-17.jpg

4 ficheiros, último engadido a marzo 16, 2026
Álbum visto 1 veces

Pintando uñas


WhatsApp_Image_2026-01-30_at_10_10_12.jpeg

O martes 26 e o mércores 27 de Xaneiro, a hora do recreo encheuse de cor grazas ao traballo das alumnas e dos alumnos do Ciclo medio de Peiteado e do Ciclo medio de Estética que pintaron as uñas de todas e todos os que quixeron unirse a esta iniciativa en contra da homofobia e en favor da igualdade. Grazas a profe Mar pola organización.

9 ficheiros, último engadido a marzo 10, 2026
Álbum visto 4 veces

Museo de Pontevedra


WhatsApp_Image_2026-02-04_at_15_46_48_28429.jpeg

O alumnado da materia Debuxo Artístico I acudiu ao Museo de Pontevedra para localizar obras artísticas realizadas con diferentes técnicas. Que mellor maneira de recoñecer os diferentes procedementos artísticos que analizar de preto as obras que forman parte do noso patrimonio e valorar as calidades expresivas de cada un dos creadores e creadoras.

9 ficheiros, último engadido a marzo 10, 2026
Álbum visto 3 veces

Facultade de Belas Artes


WhatsApp_Image_2026-02-04_at_15_46_49.jpeg

Os estudantes de 1º de Bacharelato de Artes Plásticas achegáronse a visitar a Facultade de Belas Artes e a Facultade de Deseño de Pontevedra.

Queremos agradecer a Xosé Manuel Buxán, Araceli Liste e Marcos Dopico as súas xenerosas explicacións que, de seguro, resultaron moi inspiradoras para o noso alumnado.

10 ficheiros, último engadido a marzo 10, 2026
Álbum visto 3 veces

Semana Branca Andorra


WhatsApp_Image_2026-02-07_at_18_51_24.jpeg

Durante a última semana de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas do ciclo de Mecanizado, T-CAE e 1°de Bacharelato desfrutaron dunha semana de esquí en Andorra. Acompañados dos profesores Héctor e Mónica, descubriron unha afección deportiva coa que de seguro moitos continuarán no futuro.

4 ficheiros, último engadido a marzo 10, 2026
Álbum visto 1 veces

Finalistas Torneo Debate Nacional


WhatsApp_Image_2026-02-19_at_09_37_56.jpeg

O alumnado de 1º de Bacharelato clasificouse para a final do Torneo de Debate Económico, organizado polo Consello Xeral de Economistas de España, en colaboración co Banco de España, a CNMV e o Ministerio de Economía.

O equipo, integrado polas nosas brillantes alumnas Lucía Blanco, Isabela Cortizo, Sandra Domínguez, Antía Fernández, Paula Gómez e Elia Ogando, realizou unha magnífica actuación na fase provincial de Pontevedra, celebrada o pasado 12 de febreiro. Grazas ao seu esforzo, preparación e talento, acadaron o primeiro posto, asegurando así o seu pase á final nacional.

A gran cita terá lugar os próximos 5 e 6 de marzo en Madrid, onde representarán con orgullo o noso centro e a provincia de Pontevedra. Neste caso o debate consistirá en defender posturas a favor e en contra en relación á seguinte cuestión: “É a utilización do diñeiro dixital máis eficiente e responsable que o diñeiro en efectivo?”
Parabéns por este grande logro e moita sorte na final! Estamos moi orgullosos de vós.

3 ficheiros, último engadido a marzo 10, 2026
Álbum visto 2 veces

Visita Innovart


WhatsApp_Image_2026-02-19_at_21_44_34_28229.jpeg

O pasado xoves 12 de febreiro o alumnado de 1 de bacharelato de Arte e o de expresión artística de 4 de Eso xunto coas profesoras do Departamento asistiron, en Santiago, a feira de ensinanzas artísticas “Innovart”. Alí participaron en diferentes obradoiros e tamén visitaron as exposicións de “Francisco Asorey, unha recuperación necesaria” e “Mundo Expandido. De lo físico a lo virtual”.

3 ficheiros, último engadido a marzo 10, 2026
Álbum visto 3 veces

Explorando os estudos de Formación Profesional


WhatsApp_Image_2026-02-19_at_22_03_27.jpeg

O alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional realizou unha interesante visita ao CIFP A Xunqueira co obxectivo de coñecer de primeira man a oferta de ciclos formativos e as súas saídas profesionais.

Durante a xornada, a orientadora do centro, Cristina, guiounos polas distintas instalacións, explicando con detalle o funcionamento e contidos dos ciclos que se imparten. O alumnado puido comprobar como se traballa nos talleres e aulas de electrónica, onde observaron as salas de audio e vídeo; no ciclo de atención á dependencia, coñecendo os recursos e materiais empregados para a atención ás persoas; no ámbito de madeira e moble, visitando os espazos destinados ao deseño e fabricación; e tamén no ámbito de mantemento de vehículos, onde puideron ver reparacións e traballos sobre vehículos.

A visita resultou moi enriquecedora, xa que permitiu ao alumnado achegarse á realidade da Formación Profesional dun xeito práctico e directo. Poder ver os espazos, falar co profesorado e coñecer as experiencias do alumnado do centro axúdalles a tomar decisións máis informadas sobre o seu futuro académico e profesional.

Ademais, proximamente realizarán unha actividade similar no noso propio centro educativo, onde tamén se imparten diferentes familias profesionais, como son as de electricidade, fabricación mecánica, imaxen persoal e sanitaria. Esta nova visita permitirá completar a visión do alumnado sobre a ampla oferta de Formación Profesional dispoñible, facilitando unha reflexión máis profunda e fundamentada sobre o seu futuro formativo.

5 ficheiros, último engadido a marzo 10, 2026
Álbum visto 3 veces

Venres cultural


WhatsApp_Image_2026-03-16_at_15_39_43.jpeg

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes e o de Expresión Artística de 4º ESO acudiu a cidade de A Coruña a realizar dúas actividades, na Filmoteca de Galicia e na Fundación MOP.

A primeira, consistiu nun visionamento da película “Pierrot o tolo”, do cineasta Jean-Luc Godard. A segunda, a visita á exposición fotográfica de Annie Leibovitz titulada “Wonderland”.

Nas dúas actividades, foron moi ben guiados polo persoal da Filmoteca e da Fundación MOP, aos que estamos moi agradecidos.

Que ben sentan estas xornadas culturais!

8 ficheiros, último engadido a marzo 23, 2026
Álbum visto 1 veces

Teresa Portela


WhatsApp_Image_2026-03-16_at_16_02_07.jpeg

A piragüista e campioa olímpica Teresa Portela achegouse ao noso centro para compartir a súa experiencia deportiva co alumnado de 3° e 4° de ESO. Teresa deu unha charla motivacional na que promoveu hábitos de vida saudables e valores como o esforzo ou o sacrificio como fórmula fundamental para acadar logros. Ademais, Roi, Xiana e Malak fixéronlle unha entrevista na nosa radio escolar FMS Radio. Grazas Teresa por este encontro tan motivador para alumnado e profesorado!

5 ficheiros, último engadido a marzo 23, 2026
Álbum visto 1 veces

Saint Patrick’s Day


IMG_3132.jpeg

O pasado 17 de marzo celebramos o Saint Patrick’s Day no IES Frei Martín Sarmiento!

O alumnado de ESO e Bacharelato participou nunha divertida quest na que puxeron a proba os seus coñecementos sobre esta festividade tan especial, así como sobre datos importantes da cultura irlandesa.

Unha xornada diferente, chea de aprendizaxe, curiosidades e moito espírito verde!

#SaintPatricksDay #IESFreiMartinSarmiento #CulturaIrlandesa #AprenderXogando #Galicia

5 ficheiros, último engadido a marzo 23, 2026
Álbum visto 1 veces

14 álbums en 2 páxina(s) 1

96 ficheiros en 14 álbums e 1 categorias con 0 comentarios vistos 838 veces