|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Finalistas Torneo Debate Nacional
|

|


|
|
O alumnado de 1º de Bacharelato clasificouse para a final do Torneo de Debate Económico, organizado polo Consello Xeral de Economistas de España, en colaboración co Banco de España, a CNMV e o Ministerio de Economía.
O equipo, integrado polas nosas brillantes alumnas Lucía Blanco, Isabela Cortizo, Sandra Domínguez, Antía Fernández, Paula Gómez e Elia Ogando, realizou unha magnífica actuación na fase provincial de Pontevedra, celebrada o pasado 12 de febreiro. Grazas ao seu esforzo, preparación e talento, acadaron o primeiro posto, asegurando así o seu pase á final nacional.
A gran cita terá lugar os próximos 5 e 6 de marzo en Madrid, onde representarán con orgullo o noso centro e a provincia de Pontevedra. Neste caso o debate consistirá en defender posturas a favor e en contra en relación á seguinte cuestión: “É a utilización do diñeiro dixital máis eficiente e responsable que o diñeiro en efectivo?”
Parabéns por este grande logro e moita sorte na final! Estamos moi orgullosos de vós.
3 ficheiros, último engadido a marzo 10, 2026 Álbum visto 2 veces
|
|
|
|
Explorando os estudos de Formación Profesional
|

|


|
|
O alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional realizou unha interesante visita ao CIFP A Xunqueira co obxectivo de coñecer de primeira man a oferta de ciclos formativos e as súas saídas profesionais.
Durante a xornada, a orientadora do centro, Cristina, guiounos polas distintas instalacións, explicando con detalle o funcionamento e contidos dos ciclos que se imparten. O alumnado puido comprobar como se traballa nos talleres e aulas de electrónica, onde observaron as salas de audio e vídeo; no ciclo de atención á dependencia, coñecendo os recursos e materiais empregados para a atención ás persoas; no ámbito de madeira e moble, visitando os espazos destinados ao deseño e fabricación; e tamén no ámbito de mantemento de vehículos, onde puideron ver reparacións e traballos sobre vehículos.
A visita resultou moi enriquecedora, xa que permitiu ao alumnado achegarse á realidade da Formación Profesional dun xeito práctico e directo. Poder ver os espazos, falar co profesorado e coñecer as experiencias do alumnado do centro axúdalles a tomar decisións máis informadas sobre o seu futuro académico e profesional.
Ademais, proximamente realizarán unha actividade similar no noso propio centro educativo, onde tamén se imparten diferentes familias profesionais, como son as de electricidade, fabricación mecánica, imaxen persoal e sanitaria. Esta nova visita permitirá completar a visión do alumnado sobre a ampla oferta de Formación Profesional dispoñible, facilitando unha reflexión máis profunda e fundamentada sobre o seu futuro formativo.
5 ficheiros, último engadido a marzo 10, 2026 Álbum visto 2 veces
|
|
|
|
|
|
| 14 álbums en 2 páxina(s) |
1 |
|