Saltar navegación
Como han de ser as dimensións de duas matrices para que estea ben definida a suma?
E o produto?
Opción 1
A dimensión há ser a mesma tanto para a suma como para o produto.
Opción 2
A mesma dimensión para a suma e número de colunas da primeira igual a número de filas da segunda para o produto.
Opción 3
Hán de ser matrices cuadradas en ambos casos.
Que se entende por matriz trasposta de A?
A trasposta é unha matriz que se obtén cambiando as filas polas colunas.
A trasposta é unha matriz que se obtén cambiando o signo de todos os elementos.
A trasposta é unha matriz que tén os seus elementos cambiados de posición.
Que se entende por conxunto linearmente dependente?
É un conxunto que depende de outros.
É un conxunto no que un vector depende de outros.
É un conxunto co que se pode obter o vector nulo de várias formas diferentes, como combinación linear dos seus elementos.
En que caso dos que se presentan a continuación podemos afirmar que un conxunto é linearmente independente?
Se algún dos seus vectores é múltiplo de outro.
Se nengún dos seus vectores é múltiplo de outro.
Se nengún dos seus vectores é combinación linear dos outros.
Que se entende por rango dun conxunto?
É o maior número de vectores do conxunto que forman un subconxunto linearmente independente.
É o menor número de vectores que forman un subconxunto linearmente dependente
É o número de vectores distintos do vector nulo.
Dadas duas matrices A e B, en que casos é posíbel definir tanto o produto A·B como o produto B·A.
Sempre.
Se ambas teñen a mesma dimensión.
Se ambas son cuadradas da mesma orden.
É certa en xeral a identidade matricial (A+B)2?
Só en algúns casos.
Si, sempre.
Non, nunca.
Habilitar JavaScript