Oculus!

1. O adxectivo en latín, como en galego, castelán, francés ou inglés, é unha clase de palabra que admite gradación: o seu significado, habitualmente unha cualidade, pode ser expresado en comparación con outros, ou ben no seu grao máis alto.

Os graos comparativos de inferioridade e igualdade non teñen maior dificultade: exprésanse mediante partículas adverbiais (tam, minus, quam). Con todo, o comparativo de superioridade pode ser problemático de identificar, xa que o latín emprega uns sufixos (-ior para masculino e feminino, e -ius para neutro). Este procedemento é distinto ó das nosas linguas, que usan tamén partículas adverbiais para expresar a comparación de superioridade; pola contra, o inglés é outro idioma que se serve dun sufixo para esta construcción: -er (stronger, por exemplo).

Ó tratarse dun proceso de sufixación, o adxectivo convírtese nunha palabra derivada, que non vén como tal nun vocabulario ou diccionario. Por tanto, para recoñecer a presencia dun comparativo de superioridade, cómpre prestar atención ó seguinte:

- presencia da partícula quam.

- presencia das terminacións -ior, -ius, ou ben do sufixo -ior- no interior dunha palabra, seguido das correspondentes terminacións de casos, que sempre serán da 3ª declinación.


2. En cambio, o superlativo é moi fácil de recoñecer, pois o sufixo -issimus, -a, -um é a orixe do noso -ísimo, -a.


3. Ó ser bastante frecuentes, convén saber de memoria os comparativos e superlativos irregulares.


4. Ó mismo hai que dicir dos pronomes persoais, que presentan como casos máis habituais o NOM, AC e ABL.


5. O cambio fonético amosa uns patróns bastante regulares, e iso permítenos seguir a evolución lingüística con bastante fiabilidade. No caso das linguas romances, ó coñecer ben a lingua de orixe, podemos observar o camiño en dous sentidos: dada unha palabra latina, podemos prever o resultado actual; ó mesmo tempo, observar o conxunto de variantes actuais dunha mesma palabra en diferentes idiomas permítenos deducir o étimo latino. Por tanto, coñecer algunhas leis fonéticas constitúe un bo instrumento para achegarse ó léxico patrimonial de todas as linguas derivadas do latín: por exemplo, se sabemos que o galego conserva o /f/ inicial latino, frente ó castelán, que a perde tras pasar por unha fase de aspiración), saberemos que ferrum en castelán debe escribirse con "h-".

No noso entorno máis directo, é evidente que galego e castelán comparten moitos rasgos fonéticos herdados do latín, e igualmente está claro que manteñen diferencias. Os comportamentos máis importantes desde esta perspectiva son:

- ambos idiomas sonorizan as oclusivas xordas intervocálicas.

- as dúas linguas comparten a tendencia a eliminar as consonantes en posición final.

- os dous idiomas abren un grao as vocais /i/ e /u/ en posición final de palabra.

- ambas linguas consonantizan o /w/.

- o grupo consonántico /gn/ evoluciona a nasal velar nos dous idiomas.

- o /e/ e /o/ breves tónicas ditongan en castelán e pasan a vocal aberta (mesmo timbre) en galego.

- o ditongo /au/ transfórmase en /o/ en castelán e en /ou/ en galego.

- as consonantes /l/ e /n/ intervocálicas desaparecen na evolución ó galego pero mantéñense en castelán.

- o /f/ inicial latino consérvase en galego e desaparece en castelán, despois de pasar por unha fase intermedia de aspiración, que deixou o "h" como pegada ortográfica.

Finalmente, convén lembrar que, por moito que se chamen "leis", non son matemáticas, pois existen excepcións que, con todo, case sempre tamén teñen a súa explicación. Por tanto, trátase de tendencias, iso si, moi fortes, que nos permiten traballar neste campo empregando o método científico.

Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM