Section outline

  • Na LECTIO VNDECIMA completamos a visión sobre os tipos de cláusulas complexas, discutindo a perspectiva das gramáticas tradicionais en canto á subordinación. Por outra parte, veremos un último xénero literario, de moito éxito durante algún tempo na Roma antiga: a comedia. Sobre o latín cotián, seguiremos a ver graffiti pompeianos. Así, as seccións serán as seguintes:

    - cláusulas complexas: veremos varios tipos tradicionalmente considerados subordinados, pero que ofrecen dificultades. Trátase das cláusulas adversativas, concesivas, finais, condicionais e causais.

    - o teatro romano: as comedias de Plauto.

    - latín cotián: máis graffiti dos muros de Pompeia.