FORO: ACTIVIDADES A REALIZAR POR SESIÓN

Sesión mércores 29/04/2020

Sesión mércores 29/04/2020

by Deleted user -
Number of replies: 0

Bo día a tod@s!

Como saíron esos problemas? supoño que algún que outro se vos resitiu...Hoxe toca correxir e aprender. Aprender sobre a importancia do álxebra e a utilidade das ecuacións para resolver problemas.

Quero que fagades autocorrección, xa sabedes, con outra cor poñedes a solución correcta. Por favor, non vos limitedes a copiar a solución, seguide os pasos, reflexionade sobre esa solución, intentade entender o problema porque ese é o único camiño para avanzar e aprender.

Vou mandar aos mails, dende onde me enviades as tarefas, unha invitación para que, quen poida, vos conectedes mañá á plataforma webex para facer unha videoconferencia. Non vos preocupedes se non sodes capaces, deixarei material para traballar por aquí como sempre. Será unha proba, faremos máis.

Que preferides ás 10:30 ou ás 13:20? Son as horas nas que teríamos clase con 2ºESOB1 e 2ºESOB2. Espero a última hora da mañá para ler as vosas propostas sobre o horario e mándovos a invitación.