Foro de novas

Debate para o luns 30

Re: Debate para o luns 30

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

A militarización, creada debido ao estado de alarma, na situación da crise sanitaria na que estamos a vivir está traendo consigo diversas consecuencias negativas.

O elevadísimo número de sancións podería indicar un abuso de poder. 

A pesar de que a idea da movilización dos corpos de seguridade do Estado, é proporcionar sensación seguridade, de por si resulta preocupante. Debemos ter en contra que a enfermidade se cura grazas aos médicos/as, enfermeiros/as, aos hospitais, a saúde pública e a súa organización e previsión, e un longo etc, que ten que ver coa xente e o seu coidado, e non mediante o uso da violencia, armas e intervención dos soldados.

Segundo o meu modo de ver resulta una medida un tanto exaxerada. En principio o exército é un corpo que se adica á defensa do propio país contra ataques de outros Estados e non para un virus ou o control dos cidadáns. Resulta cuestionable si tomar a medida de utilizar ao exército é proporcional ao problema que estamos a vivir.

As medidas que se están tomando son para garantizar a seguridade e saúde de todos. Xa o feito de ter que quedar encerrado na casa é un "castigo" e supón un gran sacrificio para a maioría das familias, xa que non todos dispoñen de boas condicións para poder estar en tranquilidade, como por exemplo unha situación economica segura e a garantía de recuperar o traballo trala crise, unha situación familiar sinxelas, ou un espazo adecuado para traballar, etc. 

A presencia policial nas rúas, xera na sociedade ademáis a sensación de que pode xulgar as accións dos seus semellantes, tentando controlar o que poden ou non poden facer, e inclúso facendolles pensar de que isto é a sua obriga. Estamos unha crise sanitaria, non unha dictadura.