Foro de novas

Debate para o luns 30

Debate para o luns 30

by Deleted user -
Number of replies: 6

Tedes que ler o artigo que enviei por WAS sobre os perigos do autoritarismo e facer un comentario no foro empreganop idas do artigo.

O ideal é sempre facelo na hora de debate pero dareivos todo o día do luns  30 para facelo

Podes velo AQUÍ

https://elpais.com/elpais/2020/03/27/opinion/1585301613_468266.html

In reply to Deleted user

Re: Debate para o luns 30

by Deleted user -

Desde mi punto de vista, a lo largo de este periodo de cuarentena hemos sido testigos de ciertos abusos de poder por parte de policias con personas que se encuentran en las calles. Aún asi, quiero pensar que, a pesar de que no es justificable, tiene que ser un trabajo dificíl y agobiante, en el contexto en el que estamos, lidiar con ciertas personas. Por otra parte, tampoco creo que las personas tengan derecho a acusar a otras de andar por la calle. Esto porque si que pueden tener permisos. Si creo que hay que multar a los que no respetan el confinamiento, pero esa no es la tarea de las personas desde sus balcones.

In reply to Deleted user

Re: Debate para o luns 30

by Deleted user -

Grazas ás redes sociais todos puidemos ver durante esta cuarentena videos de representantes da autoridade facendo un uso ilícito do poder que lle otorga o pobo. Neste país o autoritarismo está moi presente debido á ditadura sufrida non hai tanto, isto ten principalmente dúas consecuencias: que os que posúen o poder abusen del, e que os que non posúen o poder non respeten ás entidades poderosas. Desde o meu punto de vista, o pobo chán non vé á policía como unha entidade para manter a orde pública, se non como atacantes de elites superiores aos que se lle permite calquer tipo de abuso, como antigamente. Desgraciadamente, tamén hai policías que se quedaron estancados nesa época pasada e tamén se cren co dereiro de facelo, así que o pobo non está tan equivocado neste aspecto. 

Dos videos que puden ver nas redes sociais, observase unha clara falta de profesionalidade por parte das forzas de seguridade, chegando a rebaixarse ao nivel de ameazar aos civís. O delito por ameazas é aplicable tanto a civís como a individuos que forman parte das forzas de seguridade. Posuindo o poder que posúen, a solución non é ameazar a ninguén, e denota unha carencia de disciplina e de entendemento do que consiste o seu traballo.

O noso sistema necesita un saneamento dunha vez por todas do réxime franquista, cambiando o sistema por completo. E botando abaixo á monarquía, que ao fin e ao cabo, é o autoritarismo por escelencia.

In reply to Deleted user

Re: Debate para o luns 30

by Deleted user -

Baixo a miña opinión penso que hai que seguir as indicacións dos profesionais sanitarios e é o correcto facelo se temos unha mínima conciencia social.

Pero estamos vendo mediante vídeos,noticias que os distintos corpos de seguridade están actuando en moitos casos con chulería e arbitrariedade a hora de valorar se unha persoa está na rúa de maneira xustificada ou non  e iso non me parece un acto correcto por parte destes.

Están facendo o mesmo en base a Lei Mordaza que lle daba completas liberdades aos corpos policiais para deter,xulgar eles mesmos.

Baixo o meu punto de vista penso que algúns policias non entenden moi ben en que consiste o seu traballo e realizan estes actos polo poder que posúen. Por outro lado non me parece correcto que unhas persoas acusen a outras de andar pola rúa xa que non teñen dereito a facer isto,a parte se esas persoas contan con permisos como está ocurrindo nalgúns casos por exemplo por algunha enfermidade.

In reply to Deleted user

Re: Debate para o luns 30

by Deleted user -

Eu considero que deberiamos concenciarnos do gran problema que supón o coronavirus e por respeto aos demais deberían facer caso ao goberno e os sanitarios os cales son os únicos capaces de resolver a crise que proporcionou o virus. Estou dacordo con que os policias poñan sancións por sair dos fogares xa que fano polo noso ben, para que non haxa mais contaxios. Pero non me parece ben que algúns policias abusen do poder que lle outorgou esta situación nin de que algunhas persoas acusen a outras de sair da casa xa que ao mellor teñen permiso para facelo.

In reply to Deleted user

Re: Debate para o luns 30

by Deleted user -

Esta confinación a que estamos sometidos está traendo unha enorme cantidade de problemas, tanto sanitarios como educativos ou sociais. Neste caso estase a falar unha vez mais do abuso de poder que realizan as autoridades españolas. Día tras día saen videos e imaxes de matóns uniformados dictando sentenzas a aquel que eles consideran culpable, empregando a forza ou o abuso verbal. Mais isto leva pasando décadas, é un problema que ten lugar nas manifestacións, nas celebracións, nas expresións de liberdade dun pobo enteiro... No momento no que se lles entrega unha porra e unha placa e se lles manda saír ahí a fora, moitos destes suxeitos vense invadidos por unhas ganas de exercer o seu oficio ao grande, coma se estivesen nunha peli de acción. E o peor é o que se oe pola rúa , xente xustificando esta violencia desproporcionada porque "non se pode saír" ou "só fan o seu traballo" e a miña favorita "e que nesta situación están moi estresados" , dando total liberdade a persoas sen temperamento que en vez de velar pola seguridade da xente buscan satisfacer os seus instintos máis primitivos. Outro tipo de "xusticieiro" que se cree con capacidade de xulgar o que fai a xente son os vixiantes dos balcóns , xueces autoproclamados que dictaminan sentencias a berros, chivatos subordinados que creen que estan facendo o correcto sen coñecer a situación de aquela persoa que se está arriesgando a salir a calle sabendo as consecuencias que pode ter. Lamebotas que baixan a cabeza para que certo colectivo lles faga caso e obter recoñecemento.Todo isto faise certamente similar a situación que sufreu España hai non tantos anos, os mesmos matóns e os mesmos chivatos pero esta vez teñen escusa.

In reply to Deleted user

Re: Debate para o luns 30

by Deleted user -

A militarización, creada debido ao estado de alarma, na situación da crise sanitaria na que estamos a vivir está traendo consigo diversas consecuencias negativas.

O elevadísimo número de sancións podería indicar un abuso de poder. 

A pesar de que a idea da movilización dos corpos de seguridade do Estado, é proporcionar sensación seguridade, de por si resulta preocupante. Debemos ter en contra que a enfermidade se cura grazas aos médicos/as, enfermeiros/as, aos hospitais, a saúde pública e a súa organización e previsión, e un longo etc, que ten que ver coa xente e o seu coidado, e non mediante o uso da violencia, armas e intervención dos soldados.

Segundo o meu modo de ver resulta una medida un tanto exaxerada. En principio o exército é un corpo que se adica á defensa do propio país contra ataques de outros Estados e non para un virus ou o control dos cidadáns. Resulta cuestionable si tomar a medida de utilizar ao exército é proporcional ao problema que estamos a vivir.

As medidas que se están tomando son para garantizar a seguridade e saúde de todos. Xa o feito de ter que quedar encerrado na casa é un "castigo" e supón un gran sacrificio para a maioría das familias, xa que non todos dispoñen de boas condicións para poder estar en tranquilidade, como por exemplo unha situación economica segura e a garantía de recuperar o traballo trala crise, unha situación familiar sinxelas, ou un espazo adecuado para traballar, etc. 

A presencia policial nas rúas, xera na sociedade ademáis a sensación de que pode xulgar as accións dos seus semellantes, tentando controlar o que poden ou non poden facer, e inclúso facendolles pensar de que isto é a sua obriga. Estamos unha crise sanitaria, non unha dictadura.