Foro de novas

Debate para luns 23

Debate para luns 23

by Deleted user -
Number of replies: 19

Ola

o luns faremos un debate neste foro sobre o úitimo traballo da actuación musical da Super bowl tendo en conta os dous artigos xornalísticos de El País.

In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -
In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -

Ola a todas e todoss

 

agora contestade ao novo fío que introducín

 

Saúdos

 

 

In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -

Inicio eu:

Penso que a miña opinión é máis semellante ó da autora que defende a actuación. Creo que, no outro caso, alúdese á cosificación da muller mais non son máis que prexuízos establecidos na mente da escritora. Se se vivise nun mundo de total igualdade, nadie pensaría que dito baile axudaría a tal cousa, do mesmo xeito que se o fai un home nadie empregaría esa terminoloxía. Se continuamos vendo certo tipo de actuacións desta maneira, limitadora, non lle acabaremos por dar a liberdade que tanto pregonamos e defendemos á muller, continuando así o labor de represión que xa dende moitos séculos atrás se ven facendo. O primeiro paso para rematar con estas discriminacións pasa por preguntarnos a nós mesmos: se o fixese un home, veríao mal? se a resposta é non, o comportamento que íamos adoptar era machista aínda que nós non o percibísemos como tal. Mentres os actos das mulleres estén supeditados a forzas sociais externas, a completa liberdade será imposible de alcanzar.

(os argumentos empregados nos artigos ós que fago referencia están en negriña)

Saúdos

In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -

Ola

Grazas pola túa resposta.

O que a min me gusta plantexarme é o seguinte:

1. aos homes qye fan o mesmo (música/baile) como norma xeral non se lles erotiza do mesmo xeito. E non é un xuízo moral contra a erotización.

2. ao centrar o tema na erotización semella que o valaor do baile ou a súa voz pasa a un segundo plano. Se no tivensen ese físico e si a voz e a capaidade de bailr tería o mesmo éxito. Nos cantantes pasa o mesmo?

Un saúdo Antón

Espero quue esteas ben

 

In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -

No meu caso coincido coa opinión da autora do primeiro artigo, que defende a actuación. Penso que o xeito de interpretar a actuación depende moito da mentalidade de cada persoa: as persoas conservadoras e machistas verán esta actuación como un "espectáculo pornográfico", tal e como se calificou; e aquelas persoas cunha ideoloxía máis liberal e feminista, verán neste espectáculo a dúas mulleres empoderadas que, xunto co seu corpo de baile, protagonizado principalmente por mulleres, foron capaces de levantar a bailar e impresionar a todo o estadio da Super Bowl e a toda persoa que viu o show dende a súa casa.

En pleno século XXI debería estar xa extinta esa idea de que as mulleres fan o que fan só para o disfrute do home ou para chamar a súa atención. A autora do segundo artigo recalca as diferenzas entre o vestiario de JLo e Shakira e o de JBalvin e Bad Bunny, os cales saíron ao escenario completamente tapados. O feito de que estes homes non saian ao escenario con vestiarios similares aos das artistas femininas penso que está asociado á idea de que se un home viste como unha muller perde a súa masculinidade.

Por outra parte, o baile foi considerado erótico por unha gran cantidade de xente. Pero, era erótico porque estaba realizado por dúas mulleres ou porque o baile en si era erótico? Fai anos, artistas internacionales como Elvis Presley ou Michael Jackson realizaban os seus movementos de pelvis tan caracterísicos nos seus concertos sen que ninguén os sexualizara ou xulgara por iso; en cambio, cando o que os fai é unha muller, esta está "provocando" ao espectador. 

In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -

Ola Mariña

Grazas pola túa resposta

Moi bo argumento o de Elvis.

Eu coincido que o desexable é que cada persoa faga o que desexa sempre que sexa a súa escolla libre e non imposicón social ou das discogáficas.

Eu non vexo no baile pornografía nin nada inmoral. O desexo e a erotización non son imorais en si mesmos.

O que me preocupa é que o valor do físico e da sexualización das mulleres sobresae sobre as súas virtudes artísticas e neste sentido a mensaxe para moitas nenas pode ser a da necesidade de sentirse desexadas como obxectivo prioritario da vida

Vamos que hai unha esixencia maior estética nas mulleres con respecto aos homes aos que se lles permite ser vellos  e feos, menstres que ás mulleres hai que cambilas con anos.

Un exemplo disto: LUAR da galega. O presentador e as presentadoras, non hai unha diferenza na esixencia estética en función do xénero? Debemos rematar con esa esixencias ou que sexan para  todos/as?

OLLADE ISTAS IMAXES E OPINADE: AQUÍ

In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -

Concordo cos meus compañeiros. Elas non fan bailes con sentido erótico, o sentido dánllo os espectadores educados en ideas misóxinas e machistas. En canto ao que lle dixestes a Antón, se non tiveran ese físico pero mantivesen os dotes artísticos de canto e baile, triunfarían de igual maneira, poño como exemplo a Lizzo, unha gran artista cuxo corpo non entra dentro dos cánones de beleza establecidos socialmente. E a ela non a critica ninguén , e moito menos a sexualizan, a pesar de que posase completamente núa nalgunha ocasión. Tendo en conta que a "carne que ensinan" e os "movementos sexuais" que fan tanto ela como shakira e jennifer lopez, porqué a ela non a sexualizan? Precisamente polo físico, porque para a gran mayoría de machistas non resulta atractivo. Con insto quero desmontar os argumentos dados pola autora do segundo artigo, xa que a culpa non é delas, de como vistan nin de como bailen, se non sómente da mentalidade machista que tristemente prevalece na nosa sociedade.

In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -

Ola Laura,

grazas pola túa resposta.

Eu coido que a autora non as culpabiliza. Ao mellor si as responsabiliza de que ao destacar a venta sexual do seu corpo máis que a súa intelixencia, en tanto que modelos sociais poden estar a influir en moitas nenas que van ser vítimas do machismo. Mesmo se poden frustar por non responder a este modelo de beleza. Ben é certo o que dis de que a culpa é da ideoloxía machista da sociedade: o patriarcado.

 

Mira o que puxeen no fío de Mariña para que reflexiones tamén. Non para que cambies de opinión. Só para reflexión

In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -

Persoalmente considero que a ambas cantantes se lles están adxudicando uns valores que nada teñen que ver co espectáculo. Están sendo criticadas prexuizosamente por, entre outras cousas, as vestimentas que levaban e a actuación “erótica” que representaron. 

Creo que para acadar a igualdade e liberdade total que tanto se manifesta e se intenta defender cara á muller, deberíase comezar por non facer uso deses prexuízos cara elas, neste caso. Xa que o espectáculo nada ten que ver cunha representación de “porno blando”, e en canto ás súas vestimentas non estaban para nada fóra de lugar. 

Penso que miles de comentarios negativos como os que houbo non deixan clara a igualdade entre homes e mulleres, o dereito de liberdade da muller. O dereito a vestirse como mellor lles pareza, se se quere conseguir esa igualdade e liberdade da muller comecemos por deixalas decidir de que xeito actuar. E como dixen anteriormente, pero volvo a engadir, ás artistas estánselle atribuíndo valoracións negativas que quedan fóra de lugar en canto ó espectáculo (para o meu parecer).

In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -

Eu  persoalmente penso que ninguén pode dicirlle a unha muller como vestir, como bailar, se dedicarse ao traballo doméstico, se sacar partido económico ao seu propio capital erótico ou se ofrecer a súa capacidade reprodutiva a outras persoas, a cambio de diñeiro. Desde este punto de vista, as persoas somos libres por ter o dereito para decidir que facer, dadas as oportunidades ás que nos enfrontamos. 

En canto o que dixo o meu compañeiro Antón , estou de acordo coa súa opinión xa que moitas das críticas que recibiron estas dúas artistas foron a causa dos prexuízos que existen na sociedade. 

 Esta actuación xerou máis de mil comentarios nas redes sociais , entre outras , sobre a vestimenta que estas

levaban nas actuacións  e os seus bailes “exóticos” non apropiados para ese tipo de eventos. Dende o meu punto de vista , creo que decidir sobre nós mesmos é un dereito que todos os humanos temos , un dereito  que poseemos para dispoñer do noso propio corpo e é  un dereito  polo que as mulleres loitamos durante anos e que ten moi pouco sentido que agora se critique  . Somos libres de decidir COMO  e CANDO  usar o noso corpo. 

 

In reply to Deleted user

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -

Ola Alexandra

grazass pola túa reflexión

O que me gostaría é que reflexionaras sobre o que tamén lle puxen a Antón

 

Un saúdo e espero que esteas ben