Foro de novas

Debate para luns 23

Re: Debate para luns 23

by Deleted user -
Number of replies: 0

Persoalmente considero que a ambas cantantes se lles están adxudicando uns valores que nada teñen que ver co espectáculo. Están sendo criticadas prexuizosamente por, entre outras cousas, as vestimentas que levaban e a actuación “erótica” que representaron. 

Creo que para acadar a igualdade e liberdade total que tanto se manifesta e se intenta defender cara á muller, deberíase comezar por non facer uso deses prexuízos cara elas, neste caso. Xa que o espectáculo nada ten que ver cunha representación de “porno blando”, e en canto ás súas vestimentas non estaban para nada fóra de lugar. 

Penso que miles de comentarios negativos como os que houbo non deixan clara a igualdade entre homes e mulleres, o dereito de liberdade da muller. O dereito a vestirse como mellor lles pareza, se se quere conseguir esa igualdade e liberdade da muller comecemos por deixalas decidir de que xeito actuar. E como dixen anteriormente, pero volvo a engadir, ás artistas estánselle atribuíndo valoracións negativas que quedan fóra de lugar en canto ó espectáculo (para o meu parecer).