lemos a Curros (+0'25)

O maio (Aires da miña terra, 1880)

Re: O Maio, Aires da Miña Terra- Manuel Curros Enríquez

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
1. Este poema xa foi analizado na clase e, por tanto, non pode ser obxecto do voso traballo neste foro.

2. Non digo que sexa incorrecto per se o teu razoamento (no que estebeleces un paralelismo entre a pobreza real da que fala o poema e a pobreza lingüística, ou iso che entendín) pero, como xa está estudado na aula, esta é unha composición de denuncia na que Curros critica (en voz dun home pobre, iso é totalmente certo) a miseria da clase traballadora galega (campesiñado) fronte aos poderosos (representados polos "donos" do verso 18, as figuras institucionais/estatais dos "trabucos e préstemos" no v20 ou das "quintas e portas" que son nomes de impostos no v31, a Igrexa por medio do "abade" no v21 e tamén por medio do pecado das "bruxas e demos" do v28 e mesmo dos "cregos" do último verso, os traballos explotadores das "segas" no v29, e as trabas da Xustiza representadas polas "usuras e preitos" do v30). Por tanto, a temática é do rollo "antisistema" e non do "costumista" que ti dis (isto sería se só falase da paisaxe, de anécdotas de xente, de romarías, de amores...).

3. Está ben a citación que fas das meigas e a metáfora de contraste Maio vs Inverno, e tamén a idea de que o poema formúlase como un berro no que se pide un futuro mellor, "cantádeme un maio.."!