lemos a Rosalía (+0'25)

Basta unha morte (Follas Novas, 1880)

Basta unha morte (Follas Novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Cala can negro, n'ouvees,
á porta de quen ben quero;
corvos, non voés por riba
d'o sobrado ond'está enfermo;
c'o teu resprandor, compaña,
vaite, non lle poñas medo.
S'é que queres que álguen morra,
eu sey d'un san que contento,
por él déravo-l-a vida
e irá con vosco ôs infernos.

 

Este poema de Rosalia trata o tema do máis alá (da morte). Creo que é da ultima parte de Follas Novas que é 'As viúdas dos vivos e dos mortos', pola morte e pola posición onde atopei o poema, que é cara ao final.

Na miña opinión, no principio refírese á morte con referencias como o color negro ou os corvos, ese ambiente lubrego e sombrío. Na segunda e última parte do poema, non termino de entender pero creo que, Rosalia está falando coa morte e enfréntaa usando a relixión: é o que entendin xa que ao dicir "Eu sey d'un san que contento por él déravo-l-a vida e irá con vosco ôs infernos" refírese a Deus ou Xesucristo, o cal coincide co tema de Rosalia do máis alá.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Basta unha morte (Follas Novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Ok, Mateo! Non acabo de ver que Rosalía puxese a Cristo como exemplo de aceptación da morte (non era ela tan ferventemente relixiosa) pero é unha lectura posíbel. Eu creo que máis ben está dicindo que hai xente que, estando en vida, pode desexar non estalo. Desde logo, temática existencial-filosófica rosaliana. Moi ben o das referencias á morte cos animais e coa cor.