lemos a Rosalía (+0'25)

Soia (Follas Novas)

exemplo de existencialismo rosaliano

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
Moi ben pillado o sentido dos versos, Isma! Desde logo que estamos ante un poema da temática existencial de Rosalía: fala da soidade e até se cuestiona o sentido da vida (como dis, o poema remata nun suicidio). Vai na onda do coñecido 'Negra sombra' (de feito no verso 4 tamén atribúe o adxectivo "negra" á soidade, cor con connotacións negativas na lírica) e doutros que vos lin recentemente na aula do libro Follas novas, no que trata máis esta temática. Por certo, este poema é o último do apartado '¡Do íntimo!' da obra (explicación da estrutura na páxina 258 do libro de texto).
- Dubido se a muller é realmente orfa ou só está comparando a tristeza con outra circunstancia moi mala per se.
- Poderiamos comentar o contraste entre o bo tempo (risoños os días, claras as mañás, v.1-2) coa escuridade da personaxe.
- Os corvos tamén poden ser aves mariñas que mergullan no mar ou pousan nas rochas...
+ Na edición que ti copiaches do poema (editeicha para facilitar a lectura) poderiamos subliñar os apóstrofos e guións como signo de vulgarismo/popularismo, ou a utilización da letra 'y' como castelanismo,