Ola a todas as miñas alunas e alunos de 2º de ESO A.
Acabo de criar este foro para ir subindo as novas sobre as actividades que imos ir desenvolvendo durante estas semanas en que teremos as aulas pechadas, debido ao andazo de COVID-19.
Espero que o levemos colectivamente da mellor forma posíbel e apelo á responsabilidade que partillamos a respeito de evitar a transmisión do virus, mas tamén de procurar que as cousas sigan adiante da mellor maneira que podamos, aínda en condicións extraordinárias.
Seguramente botaremos en falta durante uns dias o contacto directo, humano e persoal, que nengunha máquina pode suplir e supoño que isto nos servirá tamén de reflexión sobre a importáncia da escola pública como lugar de convivéncia e aprendizaxe, mas tamén sobre o mundo no que vivimos, hipertecnolóxico e hiperconsumista, no que a economia e os intereses van muitas veces por diante dos direitos e dos cuidados, e que sen embrago se manifesta tan feble ante unha ameaza como a que estamos a viver.
Asi que ... ánimo e a seguir aprendendo coa intención de que no futuro fagamos -fagades- un mundo un pouco mellor.