Foro de novas

1º día

1º día

by Deleted user -
Number of replies: 0

Bo día a tod@s!

Aquí déixovos as actividades do primeiro día sen clase debido á terrible pandemia que estamos sufrindo.

Como poderedes comprobar, son 4 actividades do libro que transcribín en varios formatos (LibreOffice, Microsoft Word e pdf) coa intención de contestedes ahí mesmo aqueles que dispoñades dun ordenador e de conexión a internet na casa. 

Os que non teñades esa posibilidade, podedes facer as actividades directamente no caderno e serán correxidas cando voltemos á normalidade.

Recordade que tedes o meu correo (eduvanden@gmail.com) por se queredes entregar as tarefas nun e-mail, facer unha foto co móvil e subila ou por medio do Google Drive. Eu vou a mandarvos todo isto tamén por Google.

Calquera cousa non dubidedes en preguntar, por correo ou polo foro que tedes aquí. Eu vou estar pendente e dispoñible para todas as vosas dúbidas e cuestións.

Moito ánimo e tranquilidade con todo isto, en pouco tempo só será un mal recordo...

Un abrazo grande!

 

Edu