Section outline
-
Tarefa a realizar ata a volta ás clases. As preguntas deben estar contestadas no caderno para a súa corrección:
Día martes17.-
Ler páxinas 182 e 183 dos apuntamentos.
Resolver a cuestión plantexada no DOC.5 (páxina 183)
Día mércores 18.-
Ler as páxinas 184 e 185 dos apuntamentos.
Definir: menxeviques, bolxeviques, sóviet e Duma.
Día martes 24.-
Ler as páxinas 186 e 187 dos apuntamentos.
Ler o DOC 11 (páxina 187) e resolver as cuestións que plantexa.
Definir: goberno provisional.
Día mércores 25.-
Ler páxinas 188 e 189 dos apuntamentos.
Facer un resumo en forma de esquema das dúas páxinas.
Día xoves 26.-
Ler o punto 3.3 (páxinas 190 e 191) dos apuntamentos.
Definir: Exército Vermello.
Día venres 27.-
Como repaso ver estes dous youtubes e facer un resumo por escrito de ambos.
-
Solucións tema Revolución Rusa.
Nesta semana do 30 de marzo ó 3 de abril quero que vexades estes dous youtubes. O primeiro é un resumo da película "Sendeiros de gloria" (se podedes sería estupendo que a vesedes completa). Con iso repasaredes a I Guerra Mundial. O segundo é unha breve explicación do crack do 29, que servirá de introdución ó tema seguinte.
Entrade tamén nesta páxina de test interactivos e facede os que se refiren á materia que levamos dada, para así repasar. https://www.testeando.es/1-Bachillerato-Historia-del-mundo-contemporaneo-4 Para ter algo de información mirade antes esta presentación https://es.slideshare.net/SergioGA82/tema-10-la-economia-de-entreguerras
Aqueles/as de vós que non aprobastes esta 2ª avaliación debedes ir repasando a materia.
Imos deixar o tema "O ascenso dos totalitarismos fascista e nazi" para a volta das vacacións (xa sei que soa a broma pero non o é).
-
Imos aproveitar esta 3ª avaliación para repasar os temas dados ata agora; en función do tempo tamén veremos "grosso modo" algo sobre o ascenso dos totalitarismos e a II Guerra Mundial.
Pero imos empezar pola Gran Guerra.
Vou colgar aquí o enlace a unha páxina moi completa sobre este gran conflito bélico, quero que o miredes con detemento, ten moita información así que nos tomaremos unha semana para que non se nos perda detalle. Inclúe unha curiosa actividade final na cal vos someteredes a unha enquisa do resultado da cal se saberá en que bando estariades (non importan as vosas simpatías por un ou outro, é unha cuestión "psicolóxica").
Debedes mandarme o resultado desa enquisa (que potencia sodes) cando remate a semana. Xa sabedes o meu correo rbeltrancarballeira@gmail.com
Tamén faremos (faredes) unha serie de actividades interactivas que colgarei a vindeira semana.
Por último faredes un ppt (powerpoint, non outro soporte) por parellas sobre este tema; mandádeme tamén canto antes ó correo quen son os mebros de cada parella. Máis adiante explicarei como debe ser ese ppt.
Veña, ánimo, aproveitemos o que resta de curso para aprender.
-
Actividades interactivas I Guerra Mundial.
Debedes facelas tantas veces como sexa necesario ata que saian perfectas. Podedes usar os apuntamentos ou internet.
-
Como xa comentamos teredes que facer un powerpoint por equipos sobre a I Guerra Mundial. A data de entrega será o martes 12 de maio (mandádeo a rbeltrancarballeira@gmail.com) e ó día seguinte na sala de videoconferencias un dos equipos expoñerá o seu traballo, comentando as diapositivas do mesmo e adaptándose ós 25 minutos dos que dispoñerá. Para dita exposición todos e todas debedes estar presentes.
O ppt deberá ser o máis completo posible, nel debe predominar a imaxe sobre o texto e podedes/debedes incluir audiovisuais (sen exceder os 10 minutos, poden ser cancións, fragmentos de discursos ou escenas do combate… ). Os apartados que debe incluír e por esta orde son:
-Breve introdución na que se expliquen as causas da guerra.
-Cronoloxía e fases da contenda.
-Armamento, guerra na terra, no mar e no aire (o Barón Vermello).
-Grandes batallas (mapas).
-Anécdotas
-As consecuencias (gráficas de baixas, cambios territoriais, o papel da muller, economía).
-A Gran Guerra na literatura, cómic e cine.
-Fontes empregadas.
Esta lista está aberta a que incorporedes máis elementos, pero os citados deben aparecer.
-
Así quedan os grupos, o calendario de exposicións e os temas que debedes explicar.
Como vedes tiven que coller un par de horas algún luns para que nos dese tempo. Se hai que facer algún retoque falarémolo na videoconferencia.
Grupo 0 Óscar e Manel I Guerra Mundial. 13-5
Grupo 1 Adriana e Paloma Fascismo italiano 18-5 (Luns, ás 10:30)
Grupo 2 Gala, María, Alba Louro e Clara Nacismo alemán 20-5
Grupo 3 Alba Formoso e Ángel Personaxes históricos 25-5 (Luns, ás 10:30)
Che, Fidel Castro, Mao, Kennedy, Gandhi e Emiliano Zapata.
Grupo 4 Andrea e Raúl II Guerra Mundial 27-5
Grupo 5 Antón, Carlos C, CarlosG, Ditaduras en América e África 3-6
Álex e Álvaro
Grupo 6 Carla, Sabela, Hugo e Lara Guerra Fría 10-6