Section outline

  • Como xa comentamos teredes que facer un powerpoint por equipos sobre a I Guerra Mundial. A data de entrega será o martes 12 de maio (mandádeo a rbeltrancarballeira@gmail.com) e ó día seguinte na sala de videoconferencias un dos equipos expoñerá o seu traballo, comentando as diapositivas do mesmo e adaptándose ós 25 minutos dos que dispoñerá. Para dita exposición todos e todas debedes estar presentes.

    O ppt deberá ser o máis completo posible, nel debe predominar a imaxe sobre o texto e podedes/debedes incluir audiovisuais (sen exceder os 10 minutos, poden ser cancións, fragmentos de discursos ou escenas do combate… ). Os apartados que debe incluír e por esta orde son:

    -Breve introdución na que se expliquen as causas da guerra.

    -Cronoloxía e fases da contenda.

    -Armamento, guerra na terra, no mar e no aire (o Barón Vermello).

    -Grandes batallas (mapas).

    -Anécdotas

    -As consecuencias (gráficas de baixas, cambios territoriais, o papel da muller, economía).

    -A Gran Guerra na literatura, cómic e cine.

    -Fontes empregadas.

     

    Esta lista está aberta a que incorporedes máis elementos, pero os citados deben aparecer.