Tarefa 4: Pescuda, pensa e contesta
A diabetes melitus é unha enfermidade caracterizada pola baixa producción ou baixa actividade da hormona insulina. Isto leva como consecuencia, un aumento dos niveis de glicosa no sangue, especialmente despois das comidas, porque a glicosa non é capaz de entrar nas células para ser utilizada.
O non dispor de células de glicosa como molécula combustible, as células recurren ás reservas de lípidos. Isto provoca un aumento no sangue dos produtos resultantes da súa degradación como ácidos graxos, ácido cetoacético e outros, que non poden ser eliminados satisfactoriamente.
Esta acumulación de ácidos orgánicos provoca un aumento na acidez do sangue que, de non ser tratada a tempo, conduce a unha alteración de moitas funcións, incluíndo o transporte de osíxeno. Esta situación coñécese como diabetes e pode ser unha enfermidade grave.
a) Explica, brevemente, cada un dos conceptos e biomoléculas destacadas en negriña.
b) Que tipo de lípidos serán usados preferentemente como combustible?
c) Por que se ve alterado o transporte de osíxeno ao aumentar a acidez no sangue?