FERIDAS E QUEIMADURAS
Requisitos do completado
Abertas: martes, 2 de decembro de 2025, 12:00 AM
Pendente: xoves, 11 de decembro de 2025, 12:15 AM
Bo día clase:
Esta tarefa é para complementar a tarefa anterior e ter unhas nocións de como actuar ante unha emerxencia máis concreta. Debedes facer o seguinte:
- Reclutade alguén para que vos axude (un familiar, un amigo/a, etc), aínda que é valido con un peluche que simule ser a víctima
- Grabade dous pequenos vídeo explicando e facendo todos os pasos a seguir para atender
- Unha ferida con hemorraxia duns 5 cm que non para de sangrar (cortando xamón para a merenda)
- Unha queimadura na man cociñando (A área está moi avermellada e presenta bochas brancas iguais ás da ilustración esquerda da páxina 64)
Valorarase:
- Realizar as actuacións correctas
- Explicacións claras e concisas
Hai catro opcións de entrega:
- Subir o vídeo á Aula Virtual dentro desta tarefa arrastrando o arquivo (pode dar problemas pola limitación do tamaño do arquivo)
- Gardar o arquivo nunha nube (Google Drive, Dropbox, Mega...) e enviar un enlace para compartir o vídeo comigo.
- Pasar o video a un pendrive e entregalo en clase.
- Se ningunha das outras opcións fora viable, falade comigo e veremos se é posible quedar nun recreo para que fagades a explicación persoalmente.
Un saúdo,
Alberto Fernández