VALORACIÓN DA EMERXENCIA / RCP
Requisitos do completado
Abertas: domingo, 30 de novembro de 2025, 12:00 AM
Pendente: xoves, 11 de decembro de 2025, 3:00 PM
Bo día clase:
Esta tarefa é para practicar o visto na clase e ter unhas nocións de como actuar ante unha emerxencia. Debedes facer o seguinte:
- Reclutade alguén para que vos axude (un familiar, un amigo/a, etc), aínda que é valido con un peluche ou almofada que simule ser a víctima
- Grabade un pequeno vídeo explicando e facendo todos os pasos a seguir aplicando o protocolo PAS (protexer, alertar, socorrer) cando nos encontramos con unha persoa tirada no chan
- Lembrade explicar todas as posibles situacións (consciente, inconsciente e respira, inconsciente e non respira, inconsciente, non respira e non ten pulso).
Valorarase:
- Realizar as actuacións correctas
- Explicacións claras e concisas
Hai catro opcións de entrega:
- Subir o vídeo á Aula Virtual dentro desta tarefa arrastrando o arquivo (pode dar problemas pola limitación do tamaño do arquivo)
- Gardar o arquivo nunha nube (Google Drive, Dropbox, Mega...) e enviar un enlace para compartir o vídeo comigo.
- Pasar o video a un pendrive e entregalo en clase.
- Se ningunha das outras opcións fora viable, falade comigo e veremos se é posible quedar nun recreo para que fagades a explicación persoalmente.
Un saúdo,
Alberto Fernández