Ir ao contido principal
AV
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)

Lingua Galega e Literatura_2ºESO_2020/21

  1. Taboleiro
  2. Cursos
  3. DEPARTAMENTOS - Repositorio obsoletos
  4. Lingua e Literatura Galegas
  5. lgl2eso
  6. Unidade 2: Paxaradas
  7. Somos lenda

Somos lenda

Requisitos do completado

Estes días estivemos falando na aula sobre os diferentes xéneros literarios: narrativo, lírico/poético e teatral/dramático.

Ímonos centrar agora no xénero narrativo. Porén, non todos os textos narrativos son iguais. Non é o mesmo unha novela que un conto, por exemplo.

Por iso, dentro do xénero narrativo, dicimos que hai subxéneros, isto é, maneiras de clasificar os textos narrativos.

Dentro destes subxéneros atopamos a novela, o conto, a lenda, a fábula...

Antes de nada, unha pregunta:

Saberías dicir dúas diferenzas entre unha novela e un conto? (Escríbeas no teu caderno)

ACTIVIDADE

Nesta actividade centrarémonos nas lendas, que son narracións breves e fantásticas.

As lendas, ademais de entreternos, serven moitas veces para explicar fenómenos da natureza que acontecen ao noso redor.

Así, as lendas existen desde que existimos as persoas e desde que nos preguntamos por que o mundo é como é. Un exemplo: antes de que a ciencia explicara por que o sol sae polas mañás e se pon pola noite, as persoas xa tentaran explicalo a través de lendas.

Pois ben, nesta actividade ides ter que inventar unha lenda e escribila no voso caderno.

A continuación atoparedes algunhas propostas sobre as que podedes escribir a vosa lenda. Podedes escoller unha destas ou podedes inventar vós unha:

A lenda que explica...

  • Por que as castañas viven dentro dun ourizo.

  • Por que os ourizos pican.
  • Por que as castañas teñen dúas peles.

  • Por que as castañas estoupan coa calor.

  • Por que a algunhas árbores lles caen as follas.

  • Por que os cogumelos nacen cando vai frío.

  • Por que aos eucaliptos lles gusta o lume.

  • Por que Muros se chama Muros.

  • Por que Monte Louro ten dous picos.

  • Por que as persoas temos a pel de diferentes cores.

  • Por que a auga do mar é salgada.

  • Por que as mareas soben e baixan.
  • Por que nas praias hai area.

  • Por que as bágoas son salgadas.

  • Por que a lúa cambia de forma.
  • Por que as tartarugas se moven lentamente.

  • Por que os morcegos viven de noite. 

  • Por que os grilos cantan cando vai calor.

  • Por que os paxaros teñen plumas. 
  • Por que o galo canta cando sae o sol.

MOITO OLLIÑO!

  • Non estades respondendo unha pregunta, estades escribindo unha lenda. Polo tanto, o voso texto non debe empezar “Muros chámase Muros porque...”, senón que debe empezar como empezan as historias, os contos... e as lendas.
  • Unha lenda é breve, mais inda así deberá ter como mínimo unhas 50 palabras.
  • Podedes escribir esta lenda de maneira individual ou por parellas, pero aínda que o fagades por parellas cada persoa escribirá a lenda no seu caderno.
  • O prazo para facer esta actividade remata o martes, 3 de novembro.
◄ Paxarín pin pin
Nomes de peixes ►

Bloques

Supplementary blocks

Omitir Navegación

Navegación

  • Taboleiro

    • Inicio do sitio

    • Páxinas do sitio

      • Os meus cursos

      • Etiquetas

      • ForoNoticias do sitio

    • Os meus cursos

    • Cursos

      • DEPARTAMENTOS - Repositorio obsoletos

        • Bioloxía e Xeoloxía

        • Debuxo

        • Economía

        • Educación Física

        • Filosofía

        • Física e Química

        • Formación e Orientación Laboral

        • Francés

        • Informática

        • Inglés

        • Instalacións Eléctricas e Automáticas

        • Lingua e Literatura Castelás

        • Lingua e Literatura Galegas

          • LIIT.GAL.SXX

          • LGL 2º BACH

          • GALEGO

          • 2º

          • 3º

          • tema 8

          • B1

          • 1ºB2

          • 4º

          • 1ºBACH

          • 2º bac

          • lgl2eso

            • Xeral

            • Unidade 1: Xeración Xabarín!

            • Unidade 2: Paxaradas

              • GlosarioNomes de paxaros

              • FicheiroFalar_Made in Galiza

              • FicheiroVocabulario sobre paxaros

              • FicheiroRegras básicas de acentuación

              • FicheiroÁlvaro Cunqueiro

              • FicheiroRetrincos poéticos U2

              • FicheiroO xénero narrativo (I)

              • FicheiroA literatura popular e culta

              • URLPaxarín pin pin

              • TarefaSomos lenda

            • Unidade 3: Así doe novembro

            • Unidade 4: Se o mar tivese varandas

            • Unidade 5: O medo é libre

            • Topic 6

            • Topic 7

            • Topic 8

            • Topic 9

            • Topic 10

            • Topic 11

            • Topic 12

        • Linguas Clásicas

        • Matemáticas

        • Música

        • Orientación

        • Relixión

        • Tecnoloxía

        • Xeografía e Historia

        • Indeterminado

      • PISA25

      • ETAPA / CURSO - Materiais actuais

      • PROXECTOS

      • OUTROS

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
lgl2eso
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil