Section outline

  • Nos apartados que tedes a continuación, cos epígrafes: "ANÁLISE ACTIVIDADE FÍSICA" e "IDEAS PARA MANTERNOS ACTIV@S", incluín unha proposta de tarefas e algún recurso como referencia.  Na sesión semanal que corresponda (luns 23, luns 30 se se prolonga o estado de alarma), podedes realizar esas actividades. Se gravades un video é mellor que mo enviedes vía correo electrónico ou wsap. Ánimo e ....MANTÉDEVOS ACTIV@S!!!!!!1

  • Como se está tratando tanto en España como noutros países o deporte e actividade física nesta situación excepcional?

    • Contrastar informacións de diferentes medios e países, a cerca do tratamento que se lle está dando ao deporte e a actividade física na situación excepcional que estamos a vivir.

  • Que actividades e/ou exercicios físicos se che ocurren para manterte activ@ nesta situación de confinamento?

    • Serie de exercicios de tonificación que podemos adaptar, utilizando elementos e materiais ao noso alcance, coas limitacións evidentes do estado de alarma que vivimos. A ti que se che ocurre?  Deseña ti algo parecido ou mesmo grava un video coa tua proposta persoal. IMAXINACIÓN AO PODERRRRR!!!!!!!!

    • Rutina de exercicios utilizando unha serie de escaleiras. Podes ti realizar esta proposta? Se non podes, deseña algo parecido con recursos que teñas ao teu alcance. Crea unha ficha deste tipo ou grava un video.

  • Ola a tod@s, pois sí, seguimos aquí, confinad@s! Pero temos que continuar co calendario escolar, así que mañá ás 13:20 temos unha sesión de EFVS virtual.Vouvos colgar aquí un documento que elaborei con indicacións das tarefas a facer no periodo que queda, e por se acaso temos que voltar ao ensino presencial, como seguramente teremos que seguir medidas de distanciamento, pois será difícil a práctica tal e como a estabamos realizando. Por este motivo, e porque o curso non rematou é polo que vos propoño esta forma de aprendizaxe. Espero que sexa de utilidade, non o vexades como unha carga, intentade barrer cada un/unha para a súa casa, é decir, utilizade de referencia os deportes e/ou actividades físicas que máis vos gusten. E aprendamos delas. 

    Xa sabedes, calquera dúbida, correo electrónico ou wsap. Coidádevos moito!!!! SAÚDE E MOITO ÁNIMO!

    • No PDF que engado a continuación tedes explicado o sistema de tarefas que imos seguir para continuar coa vosa formación seguindo o calendario escolar establecido.