Section outline

  • Na LECTIO SECVNDA coñeceremos o alfabeto latino e a súa orixe, en contraste con outros sistemas de escritura, ademais de aprender a pronuncia do latín. Por outra parte, comezaremos a ver os feitos máis importantes da primeira fase da Historia de Roma. Tamén iniciaremos unha sección nesta LECTIO: a referida ó latín cotián. En concreto, tocaremos os seguintes puntos:
    - causas e modos do cambio lingüístico, sobre todo nos aspectos fonético, léxico, gramatical e semántico.
    - os distintos sistemas de escritura, desde o punto de vista do que representan os seus símbolos.
    - o alfabeto latino: a súa orixe e evolución.
    - prosodia latina: pronunciación das letras e acentuación das palabras.
    - a primeira fase da Historia de Roma: a Monarquía.
    - latín cotián: fórmulas de saúdo e despedida.