Section outline
-
Ola a todas e todos, imos coa última tarefa deste caótico curso 2019/2020.
Nesta última tarefa vou a deixarvos bastante liberdade para que esollades unha actividade, xogo, deporte, reto,etc.
Pois ben, o requisito é que me envíedes un vídeo con algún tipo de actividade física executada por vós.
Pode ser individual ou incluso grupal. Pode ser un adestramento que vós fagades normalmente, pode ser un xogo ou deporte que practiquedes en grupo, xogos individuais (por exemplo populares), práctica de algún tipo de actividade no medio natural (agora que fai bo tempo), técnicas ou modalidades de relaxación, xogos en familia, práctica de técnicas específicas dalgún deporte, actividades con base musical que practiquedes, rutinas de adestramento para algunha capacidade concreta,etc, etc,. Tendes infinidade de posibilidades para escoller en canto ós vosos gustos e prácticas habituais.
No vídeo teredes que explicarme un pouco en que consiste e de que se trata a actividade que escollíchedes, e por que a escollíchedes.Tamén debedes explicar que beneficios vos aporta ese tipo de práctica a nivel persoal e cales son as principais capacidades, tanto físicas (resistencia, forza, velocidade, flexibilidade) coma coordinativas (equilibrio, coordinación, ritmo, ...) e outra importantes que vós consideredes que traballades coa súa práctica. En todo tipo de actividade que requira movemento estamos traballando algunha desas capacidades, ainda que sexa en maior ou menor medida.
Como xa vos dixen deixovos moita liberdade para que fagades o vídeo como queirades e para que orientedes a tarefa a unha estrutura tamén persoal. Intentade ser orixinais e esforzádevos un pouco que xa é a última. Non me entreguedes un simple exercicio illado que non teña que ver con nada, xa que ese non é o obxetivo. Debe ser algo máis persoal que recolla diferentes aspectos traballados durante o curso.
Enviáchedesme durante este tempo cousas moi chulas e valóroas moito, de verdade.
O mércores se tendes dúbidas resolvémo-las na videoconferencia.
A data límite de entrega é o VENRES 12 DE XUÑO. Crearei no classroom a tarefa correspondente.
Ánimo!