Section outline
-
Ola de novo a tod@s !!
Comezamos o 3º trimestre do curso. Non temos a sorte de ser libres ainda, así que debemos poñerlle entre todos un pouco de ganas, ánimo e bo humor dentro das posibilidades. Moito pronto andaredes por aí a pasear e a desfrutar dos momentos máis que antes seguramente. Mentras, hai que ir traballando e entreténdose.
Nas primeiras sesións iremos pechando contidos do 2º Trimestre e pouco a pouco iremos avanzando con outros novos. Durante estas semanas tratarei que a maioría das tarefas sexan de caracter práctico, xa que a nosa materia é eminentemente práctica. Ademais, o exercicio é moi necesario e favorecedor nunha situación coma a que vivimos, para que nos sintamos mellor en todos os aspectos. " Non hai nada que non cure un bo adestramento".Algúns dos traballos teredes que envia-los en video ou fotos.
Outros traballos serán de carácter teórico, en función dos contidos que vaiamos traballando.
Nesta materia teremos que ir adaptando entre todos o xeito de traballar, xa que non dispoñemos nin do espazo nin do material habitual. Estou segura de que poñendo todos da nosa parte podemos facer moitas cousas.
Nos apartados correspondentes a cada sesión irán aparecendo os contidos e tarefas.
Moito ánimo!