Section outline
-
UNIDADE DIDÁCTICA: "INICIACIÓN AOS DEPORTES DE EQUIPO"

Comenzamos hai 15 días, realizando actividades que teñen como eixo os deportes de equipo. Fomos enfocando a tres, en concret: voleibol, fútbol e baloncesto. Hai características similares en todos os deportes de equipo.
Imos rematar o curso cun cuestionario bastante máis completo que o do principio, pero tampouco moi difícil. Ademáis, vou poñer uns apuntes de axuda para poder contestar ás preguntas.
E, para rematar, agora si, unha última tarefa práctica: RETOS CON BALÓN 3. Tedes que facer o mesmo que no reto anterior, pero dun segundo deporte, de entre os tres que estamos a ver, é decir: voleibol, baloncesto, fútbol.
Enlázovos a continuación material de consulta e cuestionario.
-
Tedes a continuación uns apuntes cos que poderedes responder ás preguntas do cuestionario, que aparece máis abaixo. Se non os necesitades, perfecto, eres un exemplo de xogador/a de equipo, pero se non sabes responder, bótalle un ollo aos apuntes, ninguén nace aprendido. E así, para o próximo curso, xa saberás algo máis, e seguro que che acaban gustando.
Veña, a poñerse a proba, CANTO SEI DE DEPORTES DE EQUIPO?
-
Técnica, táctica e regulamento son tres piares básicos sobre os que se asentan as características que definen cada deporte.
-
Presentación de diapositivas moi clariña onde vemos as características que teñen en común determinados deportes de equipo.
-
CANTO SEI DE DXTES DE EQUIPO?
Tedes aquí o cuestionario. Podedes descargar e editar contestando as preguntas, ou podedes poñer as respostas nunha folla de libreta, sacar foto, editando nun único PDF e enviar ao meu correo electrónico.
Podedes contestar primeiro, sen mirar o material de consulta, a ver canto sabes!!! e logo podes rpasar utilizando o material, e comprobando ti mesm@ o que tes ben ou mal. Envíamo igualmente, non vaia ser que corrixas mal.
DEPORTES DE EQUIPO E HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS
Inclúo un apartado final no cuestionario, que fai referencia á relación entre determinados xestos técnicos dos deportes que estamos traballando e as HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS. Esto serve de repaso e reforzo da 2ª avaliación, e para que vexades que importante é o traballo destas habilidades para poder realizar correctamente os xestos técnicos dos diferentes deportes.
Agora, tamén tedes que ter claro, que unha das cousas mási importantes na aprendizaxe é a PRÁCTICA e o ADESTRAMENTO, e as cualidades de VONTADE, ESFORZO, SUPERACIÓN, TENACIDADE,..que che axudarán a mellorar e a conseguir facer os retos que se van propoñendo e que só podedes poñer vós.
-