Section outline
-
Ola, chic@s!
Como falamos a semana pasada, imos cos deportes de equipo. Imos facer uns cuestionarios iniciais, para ver canto sabemos, e dentro de 15 días farémolos de novo (parecidos), a ver se aprendimos ou melloramos.
Vouvos poñer tamén uns videos con RETOS CON BALÓN, que serán os que teredes que ir facendo. Se xa fixestedes algún, como vos dixen o outro día, tamén conta. Pero xa vos vou pedir habilidades máis concretas.
-
No seguinte enlace tedes un cuestionario de formato similar ao que fixemos de parkour. Neste penso recoller información inicial sobre a unidade didáctica de deportes de equipo, para saber de onde partimos.
-
Si, ainda que pon cuestionario deportes, ten algunha pregunta de capacidades físicas, así tamén repasamos.
-
Ola, podedes entregar por aquí o cuestionario.
-
Imos ir intentando realizar as tarefas que propón no video, en orden. Practicade e logo grabádesvos facéndoas. Enviádesmo ao meu correo. Tedes unha semana para este reto.
-
Un pouco de humor para comezar a semana cun sorriso.
Vós despois a xogar. E a facer deporte, que si é sano.
-
Un divertido e creativo video de como NON podemos escaquearnos porque NON temos pelota para facer as actividades.
Veña, que o que hai que ter é ganas.
-
Neste enlace outro exemplo.