Section outline

  • UNIDADE DIDÁCTICA: "INICIACIÓN AOS DEPORTES DE EQUIPO"

    Juego de pelotas de diferentes deportes en un montón. equipo para ...

    Comenzamos hai 15 días, realizando actividades que teñen como eixo os deportes de equipo. Fomos enfocando a tres, en concret: voleibol, fútbol e baloncesto. Hai características similares en todos os deportes de equipo. 

    Imos rematar o curso cun cuestionario bastante máis completo que o do principio, pero tampouco moi difícil. Ademáis, vou poñer uns apuntes de axuda para poder contestar ás preguntas.

    E, para rematar, agora si, unha última tarefa práctica: RETOS CON BALÓN 3. Tedes que facer o mesmo que no reto anterior, pero dun segundo deporte, de entre os tres que estamos a ver, é decir: voleibol, baloncesto, fútbol.

    Enlázovos a continuación material de consulta e cuestionario.

    • Tedes a continuación uns apuntes cos que poderedes responder ás preguntas do cuestionario, que aparece máis abaixo. Se non os necesitades, perfecto, eres un exemplo de xogador/a de equipo, pero se non sabes responder, bótalle un ollo aos apuntes, ninguén nace aprendido. E así, para o próximo curso, xa saberás algo máis, e seguro que che acaban gustando.

      Veña, a poñerse a proba, CANTO SEI DE DEPORTES DE EQUIPO?

    • Técnica, táctica e regulamento son tres piares básicos sobre os que se asentan as características que definen cada deporte. 

    • Presentación de diapositivas moi clariña onde vemos as características que teñen en común determinados deportes de equipo.

    • CANTO SEI DE DXTES DE EQUIPO?

      Tedes aquí o cuestionario. Podedes descargar e editar contestando as preguntas, ou podedes poñer as respostas nunha folla de libreta, sacar foto, editando nun único PDF e enviar ao meu correo electrónico.

      Podedes contestar primeiro, sen mirar o material de consulta, a ver canto sabes!!! e logo podes rpasar utilizando o material, e comprobando ti mesm@ o que tes ben ou mal. Envíamo igualmente, non vaia ser que corrixas mal.

      DEPORTES DE EQUIPO E HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS

      Inclúo un apartado final no cuestionario, que fai referencia á relación entre determinados xestos técnicos dos deportes que estamos traballando e as HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS. Esto serve de repaso e reforzo da 2ª avaliación, e para que vexades que importante é o traballo destas habilidades para poder realizar correctamente os xestos técnicos dos diferentes deportes.

      Agora, tamén tedes que ter claro, que unha das cousas mási importantes na aprendizaxe é a PRÁCTICA e o ADESTRAMENTO, e as cualidades de VONTADE, ESFORZO, SUPERACIÓN, TENACIDADE,..que che axudarán a mellorar e a conseguir facer os retos que se van propoñendo e que só podedes poñer vós.