Section outline
-
Nesta sección incluirei varias cuestións:
- corrección do cuestionario deportivo
- PDF cos criterios de cualificación das tarefas realizadas neste periodo NON PRESENCIAL
- información para a realización da tarefa práctica da semana: "RETO CON BALÓN II"
-
Ben faciliño que era.
-
Aínda que o que verdadeiramente importa é a continuidade no traballo e a aprendizaxe, tod2s queremos ver como ese traballo ten a súa valoración. Por iso este documento.
Eu só teño que decir, que estou moi contenta co traballo e o esforzo que, en xeral, realizástedes @s alumn@s de 1º de eso A e B, e tamén as vosas familias. A situación non foi fácil, a maneira nova de traballar, de vivir,...plantexounos retos diarios (moito máis complicados que os de Educación Física, jejjejejejeje), aos que vos fóstedes adaptando e para min, superando con sobresainte.
-
RETOS CON BALÓN II
Tedes aquí a información para a realización da tarefa desta semana, coma sempre, a data límite de entrega o domingo ás 12:00 da noite.
Vouna explicar tamén agora na videoconferencia. Para aqueles/as que non podades conectarvos, podedes preguntar ademais, se tedes dúbidas, no correo ou whatssap.