Section outline
-
Ola a tod@s!
Nesta semana imos empezar con un dos traballos teóricos que vos comentei.
O traballo consiste no diseño dunha sesión de adestramento para unha determinada modalidade deportiva, con unhas determinadas características. A modalidade deportiva escolleréde-la vós de entre 3. Eu propóñovos 10. Faredes unha votación cada grupo e as 3 máis votadas serán as candidatas entre as que poderedes escoller.
Aquí abaixo déixovos un video no cal vos explico detalladamente todo.
Tamén vos deixo o guión do traballo.
A data límite de entrega será o mércores 27 de maio (inclusive).
Tendes que subilo ó "Classroom" na súa tarefa correspondente. Deixareivos alí tamén o guión do traballo.
Se tendes dúbidas resolvémolas o mércores na videoconferencia.
Ánimo.
-
Este é o guión que debedes seguir para elaborar o adestramento.
-
Neste video explícovos un pouco máis con detalle como realizar o traballo.
-
Aquí vos deixo o gráfico cos resultados das vosas votacións. As modalidades gañadoras, e entre as cales podedes escoller son:
- Fútbol / fútbol sala.
- Remo.
- Voleibol.
-