Section outline

  • Ola!

    Esta semana o traballo vai ser algo máis relaxado. Xa traballáchedes moito e moi ben estas últimas semanas. Imos apagar un pouco a cabeza e darlle solo ó corpo. 

    Propóñovos 6 retos físicos dos cales teredes que escoller entre 2. Os 6 retos que escollín están no Classroom, na tarea correspondente que creei. Practicádeos e subídelos nesa mesma tarefa. A maioría son faciliños e seguro que o pasades ben intentándoo. Ademais así os videos serán curtiños e evitareivos tantos problemas á hora de subilos. Grazas polo voso esforzo, que xa sei que dan a lata.

    O ideal é que fagades o adestramento que deseñáchedes a semana pasada, polo menos os días que tíñamos clase, para mantervos en forma e entrar en calor. En quente, resultaravos máis sinxelo practicar os retos e sairán antes, veredes.

    As persoas que xa me enviaron algún reto voluntario a semana pasada, teñen que coller 2 diferentes ós que xa fixeron.

    Tendes de prazo ata o venres 8 de maio inclusive.

    Dádelle caña!