Section outline
-
Para esta semana imos a retomas a tarefa que vos mandara para a última semana do 2º Trimestre e que finalmente vos suspendera. Recórdovos en que consistía:
Sesión 1 (Luns 20 para BACH. A e B)
Cada un de vós terá que deseñar unha sesión de adestramento para unha das Capacidades Físicas ( a que vós escollades). Debe ser unha sesión que poidades facer na vosas casas estes días de confinamento, e quero que empreguedes só material doméstico para a realización dos exercicios. Por exemplo: sillas, botellas, mangos de escobas, etc. Todo o que a vós se vos ocurra, pero que non sexa material deportivo, ainda que dispoñades del.
Tedes que indicar:
- A que capacidade física vai dirixida.
- Os exercicios que empregades.
- O Volume e a Intensidade da sesión.
- O material que empregades.
- Outros como poden ser utilización de música, etc.
(Este guión é orientativo. Cada un que o estructure como mellor lle pareza)
Tendes de prazo ata o mércores 22 para subila ó Classroom.
Aquelas persoas que xa o fixeran, simplemente terán que subilo á plataforma.
Sesión 2 ( Mércores 22 BACH A e Xoves 23 BACH B)
Agora tendes que levar a vosa rutina á practica. Debedes gravala e subila. O ideal é que a poñades en práctica polo menos 2 días e así xa a teñades controlada á hora de gravala.
Xa que os vídeos pesan moito e son complicados de subir, intentade non facelos moi longos. Por exemplo, se o voso adestramento é un circuíto pois gravade só unha serie, reducindo as repeticións, ainda que o que teñades deseñado sea máis. Cada un que adapte en función do tipo de adestramento que escolla. Que o video sexa máis a modo explicativo e con exemplo, que un adestramento en tempo real.
Podedes facer unha breve explicación ó inicio do vídeo indicando en que consiste o adestramento e os principais exercicios que inclúe. O adestramento completo xa o podo ver no formato escrito que me tendes que entregar antes do xoves.
En canto ós videos en xeral, canta máis calidade teñen máis complicado é colgalos. Se tendes que poñerlle peor calidade ou tende posibilidade de baixarlla facédeo, non importa que teñan unha resolución baixa nin pouca calidade. Prefiro que non vos dean problemas á hora de subilos.
O prazo para subir a gravación é ata o venres 24 inclusive.
Dádelle caña!
-
Durante estas semanas de confinamento seguro que víchedes un montón de retos.
Para esta semana déixovos aquí estes 3. O que queira pode practicalos e de paso sudar un pouco. Se queredes podedes gravar algún e enviarmo. Os desta semana son voluntarios e opcionais.
Xa vos irei deixando máis de diferentes dificultades.