Section outline

  • Imos aproveitar esta 3ª avaliación para repasar os temas dados ata agora; en función do tempo tamén veremos "grosso modo" algo sobre o ascenso dos totalitarismos e a II Guerra Mundial.

    Pero imos empezar pola Gran Guerra. 

    Vou colgar aquí o enlace a unha páxina moi completa sobre este gran conflito bélico, quero que o miredes con detemento, ten moita información así que nos tomaremos unha semana para que non se nos perda detalle. Inclúe unha curiosa actividade final na cal vos someteredes a unha enquisa do resultado da cal se saberá en que bando estariades (non importan as vosas simpatías por un ou outro, é unha cuestión "psicolóxica").

    Debedes mandarme o resultado desa enquisa (que potencia sodes) cando remate a semana. Xa sabedes o meu correo rbeltrancarballeira@gmail.com

    Tamén faremos (faredes) unha serie de actividades interactivas que colgarei a vindeira semana.

    Por último faredes un ppt (powerpoint, non outro soporte) por parellas sobre este tema; mandádeme tamén canto antes ó correo quen son os mebros de cada parella. Máis adiante explicarei como debe ser ese ppt.

    Veña, ánimo, aproveitemos o que resta de curso para aprender.