Section outline
-
PODEMOS SAIR....UNHA HORA
Chic@s, xa podedes sair unha horiña!!!!!! Espero que o estedes disfrutando.
Imos comenzar cun tema novo, o PARKOUR, que xa vos anunciara. Tranquil@s, que as propostas van ser moi fáciles. O máis importante de todo vai ser a SEGURIDADE. SEgún vaiades sabendo máis deste deporte, máis respetaredes este principio, e, sobre todo, NUNCA faremos cousas das que non esteamos segur@s. Vai ser, fundamentalmente, un traballo de inicio ás habilidades ximnásticas, que temos en 2º.
Xa veredes, vaivos gustar. Imos aló.
PARKOUR
O primeiro que se nos ven á cabeza ao escoitar a palabra PARKOUR , é a rapaces e rapazas dando saltos imposibles polos parques, entre edificios. Eso é o producto final, e non o imos facer, ou polo menos non así no instituto. Tampouco facemos salto mortal con pirueta, ainda que vexamos unha competición de ximnasia deportiva.
Trátase de explorar as posibilidades deste deporte, aplicándoas á nosa realidade. Que a algún/ha lle picou o vermiño? Pois escolas de aprendizaxe especializadas neste deporte.
Ten sentido, non?
-
En primeiro lugar, mirade este video, son 5 minutos. A que esto si que seríades capaces de facer?
Pois é por onde hai que empezar.
-
Mirádeo con calma, poderemos facer estas actividades no ximnasio cando voltemos?
-
É un pequeno resumo das habilidades que traballaremos practicando este deporte.
-
A tarefa de hoxe vai consistir en mirar o material que vos poño máis abaixo (videos de PARKOUR, botar un ollo aos apuntes e contestar un formulario que vos poño tamén aí abaixo.
E, recordade, SEGURIDADE ante todo.
-
Cubride o formulario e entregade na Aula virtual. está activo unha semana.
-
Para realizar as tarefas tedes sempre unha semana, para que vos dea tempo sen problema a súa realización.
Esta tarefa, que é para a semana próxima (podédela entregar antes, cando a fagades, antes do martes 5 de maio) Consiste na gravación de foto e/ou video realizando algunha habilidade (fácil, adaptada según espazos e material) de inciación ao parkour. O luns comenzo un horario de videoconferencia para atender as vosas dúbidas. Poño as instrucións nun apartado máis abaixo.
Tamén unhas preguntiñas para que vaides investigando máis sobre esta actividade física.
Podedes enviarmo ao correo, por drive estaría ben.
-
Neste video explican como empezar a facer movementos básicos, en casa, con materiais ao noso alcance. Fixádevos que sempre se insiste na SEGURIDADE.
Os videos a cámara lenta, aínda con exercicios moi sinxelos, son moi interesantes. Eu vou facer o meu esta semana, e logo comparto con vós.
-
Igual non fagades os volteos, se nunca os fixéstedes, xa os faremos no ximnasio do insti. Pero os saltos no chan, posicións básicas,...si. Grabade algún a cámara lenta, quedan ben chulos.
-