Section outline
-
Bo día, aquí seguimos. Esta semana adicaremos o 1º día, a conceptos xa vistos (de repaso e reforzo), pero facédeos tod@s igualmente. E o 2º día, ampliaremos un pouco, para que non vos aburrades.
RECORDADE QUE SEMPRE TEDES A OPORTUNIDADE DE VOLVER A FACER XOGOS XA VISTOS OU IR AOS RETOS QUE ESTÁN NA PESTAÑA DE 3º ESo (Marta)
Sesíóns de luns para 1º ESO A e B
Sesión de martes para 1º ESO A, sesión de mércores para 1º ESO B
Nesta sesión imos repasar e reforzar conceptos vistos na 1ª avaliación, importante sobre todo para aqueles alumn@s que non superaron os contidos.
-
Tedes que completar esta ficha, realizando as actividades físicas que se piden, a continuación medir as pulsacións (ver apuntes da 1ª avaliación) e anotar os resultados onde se indica.
Adxúntovos un PDF formulario, no que podedes escribir nas casillas os datos correspondentes, e enviarma directamente aquí na Aula virtual. A tarefa caduca nunha semana.
Desculpade os erros de edición.
-
Desculpade o PDF que colguei pola mañá. Era un formato difícil para vós.
Este que poño agora, é un formulario, ten unhas casillas que son as que tedes que rechear, cos datos que tomedes.
Gardades o ficheiro e ides a enviar tarefa.
-
E agora un xogo on line para repasar algúns conceptos básicos do tema de condición física. Finaliza completando un código de catro cifras. Enviádemo tamén escrito nun documento aquí na Aula virtual, adxuntando un selfie ao lado da pantalla final do xogo. (Esta última podédesma enviar ao correo ou por wsap. Caduca tamén a tarefa nunha semana.
Ánimo e continuade xogando e movéndovos todos os días.
-
Enlace ao escape room.
-
Vouvos poñer aquí os apuntes do 1º trimestre, por se algún/ha os perdeu, que podades telos aí para consultar e facer a tarefa 1 desta semana.
-