Section outline

  • Bo día, pois xa estamos aquí de novo, virtualmente. Que máis quixeramos que fora no ximnasio, pero mirémolo en positivo: queda un día menos xa. Moito ánimo!!!

    Imos intentar afondar un pouco nos contidos xa iniciados antes das vacacións, de momento, ata que teñamos outras instrucións. Intentarei na medida do posible propoñervos actividades que impliquen MOVEMENTO, e que sexan o máis lúdicas posible (que vos dea para xogar e pasalo un pouco ben, polo menos).

    Vouvos ir poñendo nas entradas seguintes, instrucións semana a semana, co que tedes que ir mirando.