Section outline
-
Ola a todas e todos outra vez, espero que esteades ben e estes días de vos serviran para recargar as pilas, que falta nos vai facer a todos.
Antes de nada comentarvos que ao longo desta semana vouvos ir mandando as correccións dos exercicios que me enviástedes a cada un de vós polo mail, pero deixo aquí os exercicios feitos por min para que lle poidades ir botando un ollo. En xeral están bastante ben.
Esta semana imos adentrarnos no tema de dinámica, empezamos coas Leis de Newton, para iso podedes ver o seguinte vídeo, o que nos interesa é ata o minuto 9.
Déixovos tamén uns apuntamentos moi reducidos para que poidades facer os vosos propios, no voso libro estás na páxinas de 252 á 255.
Teredes que comprender moi ben as tres Leis, posto que son os principios fundamentais da dinámica, pero só a 2ª Lei será a que empreguemos para resolver os problemas.
Para rematar déixovos unhas cuestións moi sinxelas que teredes que entregar como data límite o venres 17.
Recordade que se tedes calquera problema estou a vosa enteira disposición.
Saúdos e a coidarse.