Section outline

  • Boas a todas e todos, espero que esteades ben e que recargárades as pilas para este último treito, que falta nos vai facer.

    Como os exercicios de reaccións químicas que enviáchedes non están tan ben como desearía, imos dedicarlle un pouco máis de tempo a esta parte, xa que é moi importante que quede o máis claro posible. Por iso esta semana non avanzaremos no temario e seguiremos co tema co que estabamos.

    Súbovos uns cantos vídeos onde se explica como facer este tipo de problemas:

    Tamén vos vou deixar os exercicios corrixidos por min para que poidades velos, pódense facer de máis formas como xa comentáramos na clase. Ademais, durante esta semana voume poñer en contacto cos que mandáchedes os exercicios resoltos, para comentarvos de forma individual que tal os fixéchedes.

    Polo tanto para as clases desta semana, o único que vos pido é que vexades os vídeos e os exercicios resoltos e que intentedes entendelos ben, e calquera dúbida que teñades deberedes de preguntarme, porque a semana que ben faremos unha proba con exericicios similares.

    Un saúdo e coidádevos.