Section outline

  • Xa que todo o que se empeza débese acabar,  para deixar máis ou menos pechados os contidos do 2º Trimestre, esta semana imos pechar a parte práctica do voso "Videoclip". Ainda que non sexa da forma que tiñamos pensado, creo que podemos darlle un bo producto final, ainda que sexa diferente. 

    Para iso, cada un de vós terá que ensaiar e gravar unha coregrafía para a canción que tiñades escollida co voso grupo. Podedes facer os mesmos pasos que xa tiñades ensaiados, meter pasos novos, adaptalos, etc. Iso deixoo á elección de cada un. 

    Non hai nin que dicir, que o video só o vou a ver eu. Xa vos vin bailar moito e non me vou a asustar, así que nin vergoñas, nin excusas. Aproveitade pa bailar un pouco e pasalo ben un anaco cada día de paso que ensaiades. Podedes engadir vestiario, decoración ou o que vós queirades ( con sentidiño ) se vos apetece.

    Tendes ata o luns (inclusive) para subilo ó Classroom, nunha tarefa correspondente que crearei.

    As persoas que non enviástedes ningunha tarefa, recoméndovos que o fagades este trimestre. Non vos deixedes levar polos rumores dese "Aprobado xeral", que non existe.