Section outline

  • Sesión correspondente ó mercores día 1 para o grupo de 1º BAC A

    • Hola de novo !

      Para a sesión de hoxe, cada un de vós terá que deseñar unha sesión de adestramento para unha das Capacidades Físicas ( a que vós escollades). Debe ser unha sesión que poidades facer na vosas casas estes días de confinamento, e quero que empreguedes só material doméstico para a realización dos exercicios. Por exemplo: sillas, botellas, mangos de escobas, etc. Todo o que a vós se vos ocurra, pero que non sexa material deportivo, ainda que dispoñades del.

      Tedes que indicar:

      • A que capacidade física vai dirixida.
      • Os exercicios que empregades. 
      • O Volume e a Intensidade da sesión.
      • O material que empregades.
      • Outros como poden ser utilización de música, etc.

      (Este guión é orientativo. Cada un que o estructure como mellor lle pareza)

      TEDES ATA O DOMINGO (INCLUSIVE) PARA SUBIR ESTA TAREFA E A DO LUNS.

      No enlace de enriba, déixovos unha tabla mensual con rutinas correspondentes a cada día. Neste caso é para o mes de marzo, pero pode servir para calquera outro. Pasáronmo, e penso que está ben para ver diferentes tipos de rutinas. Se picades en cada día, diríxevos a un video. Aparecen diferentes métodos de adestramento e de actividades para diferentes grupos muculares. Só vo-lo deixo por se alguén quere recursos para adestrar nesta tempada, e porsuposto que podedes sacar ideas para a sesión de hoxe (que non quere dicir copialas). 

      O cadro é independente, non tedes que usalo para deseñar a sesión. 

      Espero que todos estedes ben. Desfrutade das vacacións na medida do posible.

      Moito ánimo!