Section outline

  • Traballo correspondente á sesión do luns 23 de marzo. Para os grupos de 1º Bac A e B

    • Aquí tendes o traballo para a sesión de hoxe. É un cadro que debedes rechear coas principais causas, primeiros auxilios e prevención das lesións que vos aparecen nos apuntes.

      Recordade que podedes facelo en formato dixital ou en papel, e teredes que entregalo xunto coas demáis tarefas o primeiro día de clase.

    • Póñovos aquí un enlace a un adestramento "Tábata" (Adestramento interválico de alta intensidade HIIT). Consiste en facer 30 segundos de traballo e 10 segundos de descando, todo contínuo. Dura só 7 minutos e non precisades de ningún tipo de material complexo. Só unha parede, unha silla e unha alfombra. 

      Para os que se aburran moito e teñan ganas de sudar, se lle dades 2 voltas asegúrovos que é efectivo. 

      Deixareivos outro para a próxima sesión. 

      Dádelle duro. Ánimo a tod@s.

    • Déixovos tamén a táboa en formato word por se queredes recheala directamente e aforrar tempo.

      Poñede os puntos máis importantes en cada lesión, non poñades todo ó pé da letra.

      IMPORTANTE!!!

      O LONGO DO DÍA DE HOXE INTENTADES ENVIARME UN CORREO ELECTRÓNICO DENDE A VOSA DIRECCIÓN DE "GMAIL". FAREI UNHA NOVA LISTA, XA QUE HAI CORREOS QUE NON TEÑO E OUTROS QUE TEÑEN A DIRECCIÓN MAL POSTA. MAÑÁ TRATAREI DE METERVOS A TODOS NA PLATAFORMA "CLASSROOM" PARA QUE POIDADES ENVIARME OS TRABALLOS QUE EU VOS DIGA (XA VOS INDICAREI CALES). MAÑÁ TAMÉN VOS ENVIAREI UN CORREO EXPLICANDOVOS TODO. 

      Volvo a poñervos aquí a miña dirección: anosabelen@gmail.com

      Penso que a maioría teredes conta de gmail. Se non é así, facede o esforzo de crear unha para que poidamos traballar de forma máis doada todos.