Section outline

  • Traballo correspondente á sesión do luns 16 de marzo. Correspondente ós grupos de 1ºBac A e 1º Bac B

    • Xa que para a sesión de mañá estaba planeado que traballárades no traballo escrito do voso videoclip, déixovos aquí o guión. Intentade na medida do posible facelo se podedes. Repartídevos o traballo entre os membros do grupo, para que cada un faga unha parte e podedes xuntala. Teredes que entregalo impreso á volta deste parón. Douvos opción de facelo en formato dixital ou papel, como prefirades. 

      Son consciente de que o traballo en grupo, estando cada un na súa casa é máis complexo, así que non vos preocupar. Organizarse se podedes para ir adiantandoo nestes días. Non vos preocupar, ide facendo o que poidades.

      Xa que para mañá tamén estaba previsto que  valorárades o traballo de cada compañeira/o dentro do grupo, aparécevos tamén a táboa cos aspectos que tiñades que valorar. Botádelle un ollo e ide pensando en que lle poñeríades a cada un, así poderemos facelo máis rápido na primeira sesión presencial que teñades.

      Para os próximos días deixareivos algunha pequena tarefa de Primeiros Auxilios, nos días correspondentes a cada sesión, para que vaiades traballando cos apuntes e repasando.

      Ánimo a todas/os co encerro e aproveitade para ir estudando.