Tarefa 3.6. Crea a túa intelixencia artificial
Volve a LearningML e carga o conxunto de datos (ficheiro .json) que mellor funcionaba dos que adestrástedes na actividade 3.3.
Adestra o modelo con eses datos e garda o modelo xa adestrado (se descargará un ficheiro .mdl)
Agora abre o Scratch que atoparás en LerarningML (é un Scratch cun novo conxunto de bloques para IA) e carga o modelo adestrado.
Programa a túa IA empregando as seguintes instrucións:
1. Empeza por simplemente comprobar se funciona o modelo en Scratch:

2. Unha vez que funcione esta parte, programa a túa intelixencia para que reaccione ante os valores determinados, por exemplo:
a) Se estás etiquetando comentarios positivos a túa intelixencia responderá positivamente ante comentarios positivos con unha confidencia alta, Se non está seguro de se o comentario é positivo pedirá que que volvas expresar o comenario ou que non está seguro.
b) Cando o modelo funcione arranxa a interface a túa IA para que sexa profesional (cambia o obxecto que fala e o fondo, atrévete a ir máis alá que teña un menú que permite escoller con que confidencia arroxa resposta).
3. Unha vez teña esto adestrarás a túa IA para que aprenda dos erros. Gardando as novas sentencias ben categorizadas en comentarios positivos.

Guía de correción:
1. Programa funciona - 5 puntos
2. Puntos a maiores:
- O programa está optimizado (menos código, se repite...) -1 punto
- Interface da IA -1 punto
- Botóns de calidade según confidencia -1 punto
- IA aprende -1 punto
- IA aprende e garda o aprendido nunha lista -1 punto