Curso: Tecendo código | Aula Virtual do IES de Castro de Vigo

    • Resolución de imaxes

    • Fai un (ou varios) debuxo pixelado nunha folla de cadriños apuntando a súa resolución. O mellor é copiar algo sinxelo vendo en internet. Se non queres pasar moito tempo, unha resolución aproximada de 20x20 píxeles é dabondo. Podes usar cores. Cando remates tes que mostralo na clase a ver se adiviñan cal é o teu debuxo.

    • Investiga cal é a resolución do teu móbil (se non tes, dos teus pais), da túa TV, do canón de clase e da cámara do móbil.

    • Usa un buscador de internet como o de Google para buscar fotos dun tema (por exemplo, vestidos dunha deseñadora de roupa famosa). Teñen que ser do mesmo formato de ficheiro (por exemplo, jpg). Busca unha foto de resolución baixa (menos de 100 px por lado), media (menos de 1000 px) e outra de resolución grande (máis de 1000 px). Compara o seu tamaño cando as teñas descargadas, tanto visualmente (tes que abrilas) como en MB ou KB (o tamaño da imaxe depende da súa resolución).

    • Fai ou copia un debuxo pixelado (por exemplo, o que fixeches no papel). Tes que entregar un ficheiro PNG e apuntar a súa resolución.

    • Fai ou copia un debuxo pixelado que poida utilizarse como motivo ou patrón para crear un patrón de recheo nun mantel, manta, vestido ou similar. Arriba tes un de exemplo dixital e aquí abaixo unha foto dunha alfombra real. Por suposto podes intentar copiar calquera patrón real que teñas na casa.

    • Co patrón creado na tarefa anterior tes que cubrir unha superficie, como no exemplo que tes máis arriba. Obviamente podes intentar mesturar varios patróns na mesma imaxe, tal e como se fai nas alfombras, por exemplo.

    • Fai un GIF animado coma o do space invader. Podes coller o debuxo pixelado, duplicar o frame e modificalo. Pon unha velocidade de animación de 1 FPS (1 fotograma por segundo).

    • Fai un debuxo pixelado no que uses cando menos 2 capas, Pode ser un debuxo xeométrico ou un debuxo con forma no que unha parte está nunha capa distinta.



    • PROBA

    • Recheo a imaxe empregando Inkscape

    • Entregar un ficheiro en formato .png que sexa a superheroína personalizada no traxe e na pel

    • Entregar un ficheiro en formato .png que sexa unha camiseta personalizada con unhas letras e unha imaxe



    • PROBA

    • Vestir unha boneca personalizada partindo do ficheiro que achegamos e entregar un ficheiro en formato .png . Lembra que tes que exportar en formato .png (mapa de bits)  e non en formato .svg (vectorial)
    • Entrega un ficheiro en formato .svg que sexa o teu manequín feito con figuras simples.

    • Entregar un ficheiro en formato .png que sexa un vestido (ou varios) para vestir ao manequín. Ponlle unha pose acorde ao vestido.

    • Entregar un ficheiro en formato .png que sexa un patrón monocromo que cubra o folio. Podes inventalo ou copialo dun feito.

    • Entregar un ficheiro en formato .png no que teñas usado un patrón (pode ser baixado de internet) nun debuxo vectorial (tamén pode ser baixado).

    • Partindo dun patrón crea un mosaico. Entregar un ficheiro en formato .png

    • Seguindo as instrucións que aparecen no tema, realiza as seguintes figuras:

      • Unha esfera vermella de radio 20 mm
      • Un cubo verde de aresta 20 mm.
      •  Eu cono amarelo de radio 20 e altura 40 mm
      • Unha figura troncocónica azul de radios 20 .. e 40 mm
      • Un donuts, un donete e unha rosquilla (chocolate negro, chocolate branco e fresa respectivamente)
      Garda as 7 figuras en .jpg e entrégaas aquí.
    • Move as figuras da tarefa 1 para que se vexan todas no mesmo tapiz.

      • Unha esfera vermella de radio 20 mm
      • Un cubo verde de aresta 20 mm.
      •  Eu cono amarelo de radio 20 e altura 40 mm
      • Unha figura troncocónica azul de radios 20 .. e 40 mm
      • Un donuts, un donete e unha rosquilla (chocolate negro, chocolate branco e fresa respectivamente)
      Entrega un único documento.
    • Sumando e restando crea as seguintes figuras:
      figura
xeado
    • Seguindo as instrucións que aparecen no tema, deseña un bastidor en 3D. Asegúrate de realizalo a escala 1:1, coas medidas reais.

    • Seguindo as instrucións do tema, deseña unha lanzadeira cos bordes suavizados para que non se atasque nas pasadas.



    • Patronaxe
    • Escolle unha persoa, unha boneca e realiza todas as medidas para patronaxe. Indícaas nunha ficha técnica.

    • Escolle unha prenda de roupa sinxela e, mediante enxeñería inversa, debuxa o patrón para reproducir a peza.

    • carrete de fíoTira do fío

      (ligazóns para aprender máis)

    • Ferramenta online que permite imprimir un pdf no tamaño que desexes (divide o documento en tantos folios como escollas, deixando incluso marxe para pegar os folios entre si)

    • Explicación moi detallada de como tomar as diferentes medidas para patronaxe, con vídeos de mostra.

    • Videotitorias con clases de costura

    • Programa de software libre para realizar patronaxe (debuxo vectorial dos patróns e escalado das tallas  a partir das medidas)

    • Versión aloxada en github que funciona sen erros en Ubuntu 18 e superiores

    • Lista de reproducción de Mariana Creativa DIY, con titoriais para Seamly

    • Unha vez deseñado o patrón base, pódese facer automáticamente os patróns para as demais tallas, cargando en Seamly a táboa de medidas

    • Lista de reproducción do blogue, con moitos titoriais e patróns.

    • Blog de costura con consellos e patróns gratuítos.


    • Crea un tecido de calada con ligamento tafetá seguindo as instrucións do pdf que se che achega.
      Ligamento tafetá
    • Crea un tecido de calada con ligamento sarga seguindo as instrucións do pdf que se che achega.

      SARGA PAPEL

    • Crea un tecido de calada con ligamento raso seguindo as instrucións do pdf que se che achega.

      LIGAMENTO RASO

    • A actividade que che propoñemos é realizar un Proxecto dun marcapáxinas, unha pulseira,un pousavasos, unha funda de móvi .....Utilizando o tear. Para iso debes seguir os seguintes pasos: 

      • Ficha técnica do proxecto. (Se adxunta ficha técnica en pdf).
      • Traballo de taller REALIZAR o tecido. 

    • carrete de fíoTira do fío

      (ligazóns para aprender máis)

    • Blogue  de contido etnográfico, no que se explican os aparellos empregados para tecer

    • Instrucións para facer un tear sinxelo, no que os fíos de urdime sepáranse mediante cravos

    • Titoriais explicativos dos conceptos básicos dun tear dos que nos partimos para construír o noso pequeno tear.

    • O tear María é un tear semellante ao noso. Nesta lista poderemos aprender a combinar cores

    • Co gallo do día da muller o CFR de Vigo organizou unhas xornadas sobre as redeiras. Neste material poderás atopar os planos para cortadora láser dun tear sinxelo. É un aula virtual  na que podes entrar como convidado


    • Na ficha que achegamos  tes que pegar unha serie de tecidos, completa na ficha as súas propiedades físicas e características de cada tecido.

    • A actividade que propoñemos é moi sinxela. Vas analizar as etiquetas da  roupa que levas hoxe posta. Completa o documento

    • carrete de fíoTira do fío

      (ligazóns para aprender máis)

    • Páxina na que se desenvolve teoricamente os tipos de fíos, como se fan os fíos e os tipos de tecidos básicos

    • Blogue da empresa Ravanetto onde se detallan as características do poliéster

    • Breve descripción de diferentes tipos de tea en E-How
    • Recompilación de símbolos que aparecen nas etiquetas que explican como tratar un tecido en casa.

    • Poñemos en marcha os nosos coñecementos ... Cosemos un botón ... Un automático nesta tea vaqueira.

      .

    • Descarga o pdf que se  achega e realiza as puntadas sen fío que se che indican. Segue as instrucións. Une os puntos marcados pola agulla para identificar o tipo de puntada.


    • Empezamos a realización do proxecto. Fabricación dun peluche-pantasma. O primeiro será realizar unha proba de coser sen fío nunha cartolina. Tenta pasar a liña coa máquina de coser .


    • .Co selector de puntadas realiza un pano de prácticas. Elixe diferentes tipos de puntadas, así como determina en cada puntada a tensión, lonxitude e anchura. Realiza 10 probas.
      dtipo de puntadas

    • .

      Nesta actividade imos coñecer algo máis da máquina de coser. Das puntadas que seleccionaches na práctica anterior escolle unha e estuda que fai a máquina cando modificas a tensión, anchura e longo da puntada.



    • .Seguindo as instrucións do pdf que achegamos. Realiza a pantasma-peluche en tea.


    • Escolle un patrón e a boneca/animal para o que queres deseñar o teu traxe:

      1. Mide a túa boneca ou animal e anota as medidas nunha ficha técnica de medidas para patronaxe.
      2. Abre o patrón en formato vectorial (.svg) e modifica as medidas para que se axusten á ficha de medidas
      3. Abre a ficha técnica de patronaxe e modifica as medidas.
      4. Exporta o patrón en pdf e imprime o patrón en papel, recórtao e emprégao para cortar a tela.
      5. Seguindo as instruccións da ficha técnica cose o traxe.
      Garda nesta tarefa o patrón modificado en pdf e unha foto do traxe vestido na modelo.
    • Versión en formato .pdf para descargar e fotocopiar

    • Patróns en .svg para re-escalar e modificar con Inkscape. O número do patrón corresponde ao número da ficha técnica

    • carrete de fíoTira do fío

      (ligazóns para aprender máis)

    • Pequena recompilación de vocabulario en galego das costureiras

    • Blog moi completo con consellos de costura

    • EL BLOG DE BOTTON, consellos de costura básicos.
    • Blog que estudia a fondo as partes dunha máquina de coser Singer

    • Guía dos símbolos e tipos de puntada das máquinas de coser

    • Circuito de Tinkercad para observar e modificar


    •   Monta a túa prototea e realiza as prácticas indicadas no tema. No pdf achegamos o guión das mesmas, para que non esquezas ningunha.


    •    ,Nesta actividade imos facer un  portapilas para os proxectos de téxtil. Indicamos os pasos a seguir.

                   * Materiais.

                   *Cosido de automáticos.

                    *Conexións.


    • Nesta actividade imos facer un  xogo de verdadeiro o falso, basado en un circuito en serie. Coñeces os tecidos ?

    • .

    • .

      Nesta actividade imos facer una casa de papel con rúa luminosa. A iluminación da rúa é un circuíto en serie con diodos.

    • Nesta actividade imos facer tres casas de papel. Na casa grande coloca dúas diodos en paralelo. O resto do circuíto é libre

      ..

    • carrete de fíoTira do fío

      (ligazóns para aprender máis)

    • La tecnología como material creativo: E-textiles y sus derivaciones en el campo de los artes visuales.

    • Blogue de ideas para incluír luces en pequenos proxectos de bordado e "amigurumis" de  ganchillo

    • Traballos de investigación posibles:
      • Facer un xogo tipo kahoot onde vexamos vestidos de distintas épocas e teñamos que adiviñala.
      • Buscar imaxes de peliculas ou series onde saian vestidos coma os referenciados na lección.
      • Facer unha presentación tipo book cin actor, actriz ou modelo importante e analizar a súa vestimenta, por que marcaba tendencia..

    • Analizar a vestimenta de avós e bisavós, que lle chamaría a eles a atención da nosa vestimenta e prognosticar a vestimenta de dentro de 50 anos.

      Buscar referencias de prognósticos anteriores (películas de ciencia ficción, exposición  universal de 1939,  revista Vogue,...)


    • Analizar vestidos famosos de autores famosos, indicando as súas características principais. Esta wiki colaborativa permite que o alumnado insira os seus análises e estes sexan compartidos co resto do alumando

    • Traballo de análise dunhas zapatillas (vellas, para tirar) no que temos que identificar as partes, os materiais, o deseño estrutural...Relacionado: historia das zapatillas máis importantes (Air Jordan) e das empresas (Adidas e Puma, Nike...), o márketing das zapatillas

      Material para a investigación:

      Partes dunha zapatilla

      Documental: Jordan, un hombre y sus zapatillas


    • A industria da moda é unha das máis contaminantes do planeta, e o incentivo ao consumo constante de roupa de de baixo prezo producida en condicións laborais pouco éticas non axuda a que teña unha boa consideración en medios progresistas. En parte por iso é bo sinalar o esforzo de deseñadores e produtores por crear moda sostible, con criterios éticos, ecolóxicos e sobre todo sen utilizar animais.

      Nesta actividade pode facerse un desfile de moda alternativa e vegana, buscando e valorando o traballo de deseñadores por criterios éticos, como por exemplo:

      • Vivienne Westwood (precursora do upcycling)
      • Stella McCartney
      • Christopher Raeburn
      • Gabriela Hearst
      • Mara Hoffman
      • Iris Van Herpen
      • Bethany Williams
      • Sonia Carrasco
      • Kenneth Ize
      • Paloma Wool
      • Roberts/Wood
      • Cecilie Bahnsen
      • ...

  • Este material foi creado cunha licenza de formación no curso 2021-2022 convocada na resolución do 8 de xuño do 2021 pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia

    Autoría: Begoña Cortés Redín, Peregrina Pintos Testa e Daniel Rodíguez Pizarro


     Licencia cc-by-sa