Tarefa 2.1. Crea a túa árbore de decisión en Scratch
Pasos a seguir
-
Deseña unha árbore de decisión que permita distinguir 6 opcións diferentes (por exemplo: persoas, xogadores/as, animais, froitas, películas, etc.).
-
Pensa e redacta unha serie de preguntas pechadas (de resposta “si” ou “non”) que permitan diferenciar claramente entre as 6 opcións escollidas. Podes empregar unha LLM para que te axude.
-
Debuxa a árbore de decisión en LibreOffice Draw
-
Programa o proxecto en Scratch:
-
Na pantalla aparecerá unha imaxe de cada personaxe (película..)
Haberá un obxecto (sprite) que fará as preguntas na pantalla.
-
Recollerá as respostas da persoa usuaria (“si”/“non”) e seguirá a rama correspondente.
-
Cando chegue a unha solución amosará a opción adiviñada, engrandecendo a imaxe seleccionada.
-
-
Comproba o funcionamento do programa, asegurándote de que, tras responder todas as preguntas, o programa chega a unha única opción correcta.
-
Proba o programa con varias persoas e axusta ou mellora as preguntas se é necesario.
A entregar
1. Árbore de decisión en .odg e en .pdf
2. Programa de Scratch en .sb3
Exemplos:
Exemplo 1 — Xogadores/as de fútbol
Opcións: Aitana Bonmatí, Alexia Putellas, Olga Carmona, Iago Aspas, Koke, Pedri.
Preguntas posibles:
-
¿É xogadora? (si/non)
-
¿Xoga no Celta? (si/non)
-
¿É centrocampista? (si/non)
-
¿Gañou un Balón de Ouro? (si/non)
Exemplo 2 — Animais do bosque atlántico
Opcións: raposo, corzo, teixugo, curuxa, xabaril, lobo ibérico.
Preguntas posibles:
-
¿É un mamífero? (si/non)
-
¿Voa? (si/non)
-
¿É máis grande ca un can? (si/non)
-
¿Ten o pelame avermellado? (si/non)
Exemplo 3 — Froitas
Opcións: mazá, pera, laranxa, plátano, kiwi, uva.
Preguntas posibles:
-
¿Ten a pel dura ou grosa? (si/non)
-
¿É cítrica? (si/non)
-
¿É verde por dentro? (si/non)
-
¿Preséntase en acio? (si/non)
Exemplo 4 — Series ou películas
Opcións: Stranger Things, A Casa de Papel, Incredible Hulk, Shrek, Avatar, Harry Potter.
Preguntas posibles:
-
¿É de animación? (si/non)
-
¿Aparecen superpoderes? (si/non)
-
¿A historia transcorre nun instituto? (si/non)
-
¿Forma parte dunha saga con varios episodios ou películas? (si/non)
Cualificando Entregas
Diagrama de fluxo O diagrama está completo, todas as opcións están completas 1 |
O diagrama está ben presentado O diagrama está ben presentado e entregado nos dous formatos requeridos 1 |
Funcionamento do programa de Scratch O programa funciona e escolle un único personaxe 3 |
Presentación do programa O programa está ben presentado. Os personaxes están ben integrados no contorno, a animación do gañador está ben realizada. Non hai faltas de ortografía nas preguntas. 3 |